O Parlamento pide ao Goberno que mellore o transporte de enerxía eléctrica para os proxectos industriais en marcha

A deputada socialista Patricia Iglesias defendeu que as modificacións "obedecen a criterios técnicos", "non a criterios discrecionais do Goberno galego, que mostran a súa falta de planificación en todos os proxectos"

Por Europa Press / Redacción | Santiago | 02/05/2024 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

A Comisión de Industria do Parlamento de Galicia aprobou este xoves unha Proposición Non de Lei cos votos do PPdeG para adecuar a rede de transporte de enerxía eléctrica aos proxectos industriais en marcha na comunidade. Unhas modificacións que os socialistas argumentan que obedecen a "criterios técnicos", non "discrecionais do Goberno galego".

O deputado popular, Lorenzo Gómez, encargado de defender a proposición, sinalou que a política industrial debe implicar a todos e, sobre isto, afeou que a aposta pola mesma duroulle ao BNG "os 15 días da campaña". "Fóra as caretas e xa consolidados na oposición, o discurso é outro. Agora xa recuperaron a pancarta á que levan agarrados máis de 15 anos", sinalou.

"Afortunadamente, hai uns meses, os galegos falaron claro e dixeron que querían que Galicia seguise sendo unha illa de estabilidade lonxe do ruído e da demagoxia, apoiando cunha maioría absoluta ao PP", apuntou.

Xa entrando no contido da proposición, Gómez lembrou que o actual Plan de Desenvolvemento da Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica para ou período 21-26 foi aprobado o 22 de marzo de 2022 tras un longo proceso de tramitación, iniciado en 2019.

"Nesta planificación, levada a cabo polo Goberno encabezado por Sánchez, unha vez máis Galicia foi penalizada", asegurou, tras o que apuntou que, respecto de plans anteriores, asígnaselles tan só un 1% do total dos 7.000 millóns de euros da partida, unha porcentaxe "moi inferior comparado cos 6,7% que representaron os 308 millóns de euros do período 15-20 deseñado e levado a cabo polo Goberno popular de Mariano Rajoy".

O traballo paralelo da Xunta de Galicia, argumentou, provocou que se fosen promovendo na comunidade unha serie de proxectos industriais intensivos de enerxía "que necesitan conexión á rede eléctrica para poder garantir a súa viabilidade e competitividade", tales como Resonac ou Altri.

Explican que ante esta situación, solicitaron unha revisión da planificación aprobada "para poder atender a demanda de proxectos industriais en Galicia e ata agora non se obtivo resposta algunha". Lembran que tamén o presidente Rueda trasladou estas demandas nunha reunión en outubro co Ministro, por entón, de Industria e Turismo, que "defendía que o Goberno central non debería de pór en risco ningún proxecto".

Tras as demandas realizadas polas diversas administracións e tamén polos promotores, fóronse publicado sucesivos documentos de modificación aos que a Xunta presentou alegacións. Finalmente, o pasado mes aprobouse no Consello de Ministros as modificacións definitivas que, aínda que inclúen actuacións como as subestacións Novo Vigo ou Manciñeira, "existen outros proxectos cuxas necesidades non ven atendidas con estas modificacións".

"CRITERIOS TÉCNICOS, NON DISCRECIONALES"

Pola súa banda, a deputada socialista Patricia Iglesias defendeu que as modificacións "obedecen a criterios técnicos", "non a criterios discrecionais do Goberno galego, que mostran a súa falta de planificación en todos os proxectos enerxéticos e tamén nos proxectos industriais galegos que están moi verdes pola falta de impulso do Goberno galego". A estimación de investimentos no conxunto destas actuacións incluída na rede de transporte ascende a 6.964.000 de millóns de euros, segundo apuntou.

Ademais, lembrou a situación de "absoluta parálise" no que respecta ás enerxías renovables en Galicia, "sobre todo da eólica, para todos os presentes coñecido como está". Volvendo ao plan, insistiu en que as modificacións puntuais admitidas "responden a razóns técnicas e legais". "É un proceso regulado, transparente", subliñou.

Os nacionalistas aseguraron "non entender moi ben" o motivo de debate cando "o período de alegación xa pasou, xa se aprobou a reforma da rede". A este respecto, informan de que se abriu un novo período de consultas de modificación da rede eléctrica 2025-2030, ao que poden presentar as iniciativas demandadas este xoves na comisión. "E tamén botamos de menos que na parte resolutiva demanden algo tan lóxico que debería demandar un Goberno como é a transferencia de comptencias", argumentan.

Apertura solemne da XII Lexislatura, co presidente do Parlamento, Miguel Santalices, protagonizando o discurso oficial
Apertura solemne da XII Lexislatura, co presidente do Parlamento, Miguel Santalices, protagonizando o discurso oficial | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta