A Comisión de Cultura do Parlamento galego aprobou este mércores, na súa primeira sesión do actual período, unha iniciativa na que se insta á Xunta a reclamar ao Ministerio de Cultura que se axilicen os traballos de rehabilitación do Museo Arqueolóxico de Ourense
  comenta   0
A proposición, defendida polo grupo popular, contou co apoio de PSdeG e Democracia Ourensana e a abstención do BNG, que acusou ao PPdeG de tratar de buscar a "confrontación".
  comenta   0
Ana Pontón destacou que "grazas ao BNG, en Bruxelas falouse do lácteo, das rías, emigración, da fuga de talento, do corredor atlántico ou a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, de memoria histórica, dun modelo alternativo enerxético, da defensa dos dereitos sociais e da defensa da lingua e cultura".
  comenta   0
O BNG culpou á Xunta "de esconderse das súas responsabilidades" e cualificou de fundamental a posta en marcha dun tren de proximidade galego para interconectar vilas e cidades. "A día de hoxe pode ser máis sinxelo chegar a Madrid", lamentou.
  comenta   0
O Parlamento galego instou á Xunta, a través dunha proposición non de lei presentada polos populares e que contou co apoio do BNG, a esixir ao Goberno central dotación orzamentaria para os concellos ante a obrigación de facer un censo de instalacións e emprazamentos con amianto.
  comenta   0
Á marxe da reunión con Felipe VI, o mandatario galego avanzou a súa intención de urxir unha cita co presidente do Executivo central, Pedro Sánchez, ao que pretende lembrarlle os compromisos pendentes con Galicia en infraestruturas e outros ámbitos.
  comenta   0
A deputada socialista Patricia Iglesias defendeu que as modificacións "obedecen a criterios técnicos", "non a criterios discrecionais do Goberno galego, que mostran a súa falta de planificación en todos os proxectos"
  comenta   0
Ten 26 anos e traballou en labores vinculados á súa formación no sector privado. Ata este momento, desenvolvía a súa actividade profesional no gabinete da presidencia do Parlamento de Galicia, na área de comunicación e prensa.
  comenta   0
O ex secretario xeral do PSdeG queda fora da lista para as eleccións europeas. Na candidatura tamén estarán a ourensá Lorena Guerra Vigo --número 38-- e a exalcaldesa de Vilalba Elba Veleiro --número 50--.
  comenta   0
O portavoz de Xustiza e Deporte do Grupo do BNG, Iago Tabarés, anunciou que formación rexistrou unha petición de creación de comisión de investigación no Parlamento de Galicia sobre a contratación durante a pandemia por parte da Xunta, "ante a negativa" ata agora de abordar esta cuestión por vontade propia dos populares.
  comenta   0
A profesora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e directora do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), Luz Couce, recolleu este venres o XXIII Premio Nóvoa Santos, que concede a Asociación de Médicos Galegos (Asomega).
Díxollo en relación á problemática coa lei do litoral. O presidente saúda aos novos cargos, nos que ve un reflexo do "estilo Galicia", e ponlles o reto de "mellorar" o traballo feito.
  comenta   0
Reclama anular a concesión "presuntamente ilegal" e estudar custos para unha asunción directa, que estima nuns 1.500 millóns, tras a apertura do expediente da Comisión Europea.
  comenta   0
"Sei perfectamente polo que estás a pasar", asegura ao lembrar que as investigacións da xuíz Pilar de Lara que o apartaron da política, e que logo foron arquivadas, partiron dunha denuncia da líder do PP de Lugo, Elena Candia.
  comenta   0
A maxistrada instrutora estimou proceder contra Baltar ao entender que, aínda aplicando a marxe de erro do 5 % que establece a normativa sobre o resultado do radar, a cifra alcanzaría os 204 quilómetros por hora nun tramo no que a velocidade máxima permitida era de 120 quilómetros por hora, o que ao seu xuízo encaixa nun delito contra a seguridade viaria.
  comenta   0
O Parlamento de Galicia insta á Xunta, cos votos a favor do PPdeG e de Democracia Ourensana, e as abstencións do BNG e PSdeG, a pedir ao Goberno a modificación do decreto polo que se establece o rexistro das granxas avícolas de autoconsumo.
  comenta   0
O Partido Popular rexeitou coa súa maioría na Cámara galega a posta en marcha dunha auditoría externa, "a cargo de profesionais independentes", sobre as contratacións de emerxencia efectuadas pola Xunta durante a pandemia derivada da covid-19. "Mentres estabamos confinados, mentres xente arriscaba a súa vida traballando polos demais, había quen aproveitaba para facer negocio desa situación catastrófica", advertiu o BNG.
  comenta   0
Toma posesión coma deputado o que foi alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes. Os nomeamentos no segundo nivel da Xunta provocarán novos cambios na bancada popular que se materializarán en próximos plenos.
  comenta   0
O presidente da Xunta di que o exconselleiro Comesaña será viceportavoz do PPdeG no Parlamento e apunta que poucos conselleiros, "dous ou tres" manterán a súa acta na Cámara galega.
  comenta   0
Esquerda Unida-Galicia rexeita ir ás europeas en coalición con Sumar e aclara que por "diferenzas políticas", non "por postos".
  comenta   1
O BNG demandou á Xunta que "obrigue" aos Franco a abrir ao público a Casa Cornide, na Coruña, "tal e como establece a súa condición de Ben de Interese Cultural (BIC)".
O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, reivindicou a "vía galega" do "sentidiño, a cordura, a política útil que a xente reclama un día tras outro" fronte aos "populismos extremistas".
  comenta   0
A deputada do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, presentou unha serie de iniciativas para denunciar a situación sanitaria que se vive en Negueira de Muñiz e na Fonsagrada, onde asegurou que os seus habitantes "perden calidade de vida" debido á falta de asistencia facultativa ordinaria en horario completo. A formación nacionalista presenta iniciativas ante o Parlamento.