A proposta, aseguran os concellos, foi recollida con "certa receptividade" polos representantes do Goberno central, que "se comprometeron a trasladarlle a proposta ao Ministerio de Facenda"
  comenta   0
O BNG culpou á Xunta "de esconderse das súas responsabilidades" e cualificou de fundamental a posta en marcha dun tren de proximidade galego para interconectar vilas e cidades. "A día de hoxe pode ser máis sinxelo chegar a Madrid", lamentou.
  comenta   0
O Parlamento galego instou á Xunta, a través dunha proposición non de lei presentada polos populares e que contou co apoio do BNG, a esixir ao Goberno central dotación orzamentaria para os concellos ante a obrigación de facer un censo de instalacións e emprazamentos con amianto.
  comenta   0
A deputada socialista Patricia Iglesias defendeu que as modificacións "obedecen a criterios técnicos", "non a criterios discrecionais do Goberno galego, que mostran a súa falta de planificación en todos os proxectos"
  comenta   0
O conselleiro de Emprego, José González, emprazou ao Goberno central a apoiar o proxecto de Altri na comarca da Ulloa para demostrar o seu compromiso co emprego industrial na comunidade galega.
  comenta   0
Entre as reclamacións dos manifestantes atópase a demanda dun plan de rexeneración e saneamento das rías e un plan de continxencias, que permita ter unha "cobertura fiable fronte a incidencias de longo prazo" como a que están a vivir.
  comenta   0
O BNG tamén rexistra as súas iniciativas parlamentarias ao respecto. A formación oporase como "parte do Goberno", valéndose dos seus cinco ministros, ao proxecto de Altri en Palas, porque "a día de hoxe non cumpre" coa normativa.
  comenta   0
O portavoz de Industria do PP na Cámara Baixa, Francisco Conde, acusou ao Executivo dunha "política industrial absolutamente intervencionista".
O secretario xeral dos socialistas galegos lanzou varias mensaxes ao BNG e proclamou que o PSdeG "non se suma ao cambio cando vén" senón que fai o "cambio".
  comenta   0
Presentará proposicións para que retire o "polémico" índice, que segundo os populares "non está a funcionar" pese a que se aprobou hai 40 días e só se aplicou ata agora en Cataluña.
  comenta   0
Diego Calvo tamén lamenta que se pospoña a chegada dos trens Avlo a Galicia e propón que se baixen as tarifas do AVE en compensación.
  comenta   0
Reclama anular a concesión "presuntamente ilegal" e estudar custos para unha asunción directa, que estima nuns 1.500 millóns, tras a apertura do expediente da Comisión Europea.
  comenta   0
A mobilización central será na Coruña contra "o roubo e saqueo", nun contexto no que un terzo dos asalariados non chega ao salario mínimo.
  comenta   0
O BNG rexistrou varias iniciativas para reclamar ao Goberno central unha "planificación efectiva" e unha programación das frecuencias e servizos dos trens Avril a Galicia, así como unha política tarifaria para as "maiorías sociais".
  comenta   1
Presentarán en cada concello da provincia e na Deputación unha moción para instar ao Goberno de España a "apoiar e recoñecer" o traballo da Garda Civil.
  comenta   0