Por Europa Press / Redacción | | 27/04/2024 | Actualizada ás 14:16
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mostrou o seu respecto á decisión do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de abrir un período de reflexión sobre a súa continuidade, pero espera que a lexislatura a nivel estatal poida continuar para poder "dar cumprimento" ao contido do acordo polo que os nacionalistas galegos apoiaron a investidura do socialista.
A preguntas dos xornalistas este sábado no marco do Consello Nacional do Bloque celebrado nun hotel de Teo, Pontón expresou que "todos" poden "empatizar" con Sánchez ante "unha situación tan complexa" como a que atravesa tras a apertura dunha investigación xudicial sobre a súa parella, Begoña Gómez.
En todo caso, a líder frontista espera que a paréntese de cinco días aberto por Sánchez ata este luns non supoña o final da lexislatura no Estado, pois cre necesario que esta teña continuidade para dar cumprimento ao acordo de investidura asinado entre BNG e PSOE.
"Temos asuntos importantes para Galicia que cumprir", sentenciou Pontón antes de subliñar que a formación fronstista desexa que a lexislatura goce do "tempo" necesario para "cumprir eses acordos" orientados "a mellorar a vida dos galegos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.