Díxollo en relación á problemática coa lei do litoral. O presidente saúda aos novos cargos, nos que ve un reflexo do "estilo Galicia", e ponlles o reto de "mellorar" o traballo feito.
  comenta   0
O presidente da Xunta afirma que a factoría proxectada para Palas de Rei "funcionará en Galicia con todas as garantías ou non funcionará"
  comenta   0
Prado reivindica que o partido ten "moitísimos perfís" para acompañar a Rueda no Consello da Xunta: "É a grandeza do PPdeG".
  comenta   0
"Fronte aos do 'non' a todo, seguiremos sendo o único partido do 'si' a Galicia", reivindica a número dous dos populares galegos.
  comenta   0
"Comprométome a defender á clase empresarial en xeral en Galicia", afirma Rueda. "Desde as grandes empresas, que sempre son para algúns as máis sospeitosas, ata ao autónomo que levanta todos os días a persiana", agrega.
  comenta   0
A deputada socialista Patricia Iglesias explicou que o incremento do 8 % no gasto e o aumento da débeda nun 15 % desequilibra a fiscalidade galega e provoca unha "deterioración importante das finanzas públicas", co risco de que "deixen sen atender a calidade dos servizos públicos como sanidade, educación, servizos sociais ou dependencia".
  comenta   0
Altri, a gratuidade da AP-9 ou a transferencia de competencias monopolizan a parte final dunha sesión de investidura na que todos os líderes políticos ofreceron pactos pero sen acordos. Rueda asume o cargo co obxectivo de servir "aos que o votaron e aos que non". Pontón e Besteiro pídenlle que non caia nos erros pasados de gobernar sen escoitar, "como Feijóo".
  comenta   0
Tamén pola risa que espertou na bancada dos populares cando a líder nacionalista, Ana Pontón, lle dixo a Rueda que "vostede ten a maioría de escanos nesta cámara, pero ten que lembrar que a maioría de galegos e galegas non lle deron nin a súa confianza nin apoio na Xunta". Desde o GC contámosche como se viviu esta investidura.
  comenta   0
O presidente da Xunta apelou á confianza e repasou os seus compromisos electorais, agora selados en sede parlamentaria, mentres pedía á oposición actuar "con responsabilidade" nesta XII Lexislatura.
  comenta   0
Co foco en Altri, tras queixarse de que non se lle fixese "ningún caso" á súa proposta de pacto pola industria e a enerxía, lembrou que varios ministros e mesmo o propio Sánchez mostraron o seu aval ao proxecto previsto para Palas de Rei
  comenta   0
A líder do Bloque e o do PSdeG ofrecen pactos en sanidade, vivenda e enerxía. Os nacionalistas tamén ofrecen diálogos en rexeneración democrática e os socialistas en lingua e un gran acordo local. Ojea, de Democracia Ourensana, pon o aceno nas "discriminacións" da Xunta con esta provincia.
  comenta   0
O dirixente pontevedrés, quen en 2022 protagonizou a histórica substitución de Feijóo, abrirá unha nova etapa tras a vitoria nas urnas do 18F.
  comenta   0
O presidente da Xunta en funcións avanza que continuará coa súa política industrial e, aínda que sen nomeala, aposta por modelos como os de Altri ou os proxectos eólicos. De feito, reforzará as competencias de consellerías para acelerar a tramitación deste tipo de iniciativas.
  comenta   0
Sen grandes sorpresas, como se agardaba, o discurso pronunciado este martes polo candidato á reelección á fronte da Xunta, Alfonso Rueda, pasou sen pena nin gloria. Algo máis de hora e media foi o que durou. Nas bancadas fa tribuna do público, ausencias importantes.
  comenta   0
"Sin tutelas, ni tu tías". Alfonso Rueda gobernará unha nova lexislatura en Galicia, pero esta, a diferencia da anterior, será a súa lexislatura, non a de Feijóo. Cambian as formas e os discursos, pero non as políticas. O líder do PPdeG terá ao Goberno de Pedro Sánchez na diana, afondará nas súas políticas actuais e buscará pactos nunha política industrial que insistirá nos grandes proxectos e na enerxía eólica.
  comenta   0
Crítica a falta de concreción na oferta de pactos en industria e reivindica unha política "activa" en enerxía, con "diálogo e convivencia".
  comenta   0
O deputado de Democracia Ourensá, Armando Ojea, avanzou que se absterá á investidura do candidato do PP e considera o seu discurso "cheo de vaguedades e xeneralidades".
  comenta   0
O portavoz parlamentario do PP de Galicia, Alberto Pazos Couñago, censurou que BNG e PSdeG avanzasen o seu 'non' á investidura "sen esperar" a escoitar o discurso.
  comenta   0
Besteiro esixe a Rueda impulso político, xestión transparente e blindaxe dos servizos públicos. O BNG carga contra Rueda por representar "a privatización".
  comenta   0
Os grupos con representación no Lexislativo galego deron luz verde a organización e aos tempos nos que se dividirá a sesión, que arrincará ás 9.30 horas do próximo martes coa intervención do presidente en funcións e candidato popular.
  comenta   0
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, tamén reivindicou este xoves en Lugo a "modernización" das infraestruturas ferroviarias da provincia para pór fin a unha "discriminación histórica evidente" que trata á cidadanía de Lugo como "unha cidadanía de segunda".
Di que ten o seu goberno "máis perfilado". Pontón emprazou a coñecer cales son os "cambios" que introducirá Rueda no seu futuro goberno, que cre que deberían estar orientados ás políticas que pon en marcha a Xunta e non nos nomes ou a configuración dos departamentos do Executivo autonómico.
  comenta   0