Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2024 | Actualizada ás 17:31
A conselleira de Política Social, Fabiola García, remitiu esta semana unha carta á ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, na que lle solicita unha reunión para negociar o traspaso do Ingreso Mínimo Vital (IMV) a Galicia.
Nesta carta, segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas, Fabiola García reclama que Galicia poida facerse cargo da xestión directa desta axuda, como xa fai coa Risga, ao mesmo nivel que as comunidades de réxime foral.
A Xunta xa reclamou en varias ocasións ao Estado que efectivice o traspaso da xestión do IVM a todas as comunidades, a última hai só unha semana, cando a ministra congregou a comunidades e Femp a unha reunión sobre o impacto e o futuro desta prestación.
O entón ministro José Luís Escrivá comprometeuse hai máis de dous anos a levar a cabo este traspaso nun encontro que mantivo co presidente da Xunta en Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.