Os problemas de EU-IU en Ferrol

A EU-IU de Ferrol estalle costando moito a adaptación ao goberno municipal, tanto, que xa hai meses nos que as desavenencias entre os seus representantes no concello e a base militante foron a máis...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/09/2008 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

A situación desbordouse coa negativa da maior parte da militancia a apoiar o inicio das obras na Praza de Armas e as ameazas do alcalde, o socialista Vicente Irisarri, a súa socia de goberno, Yolanda Díaz pola súa postura contradictoria.

De feito, esta inxerencia de Irisarri no conflicto interno de EU-IU causou estupor e malestar na dirección local e alporizou aínda máis o ambiente dentro desta formación. De feito, e aínda que este partido non desvelou o seu voto de cara a sesión deste mércores, son moitos os que pensan que será negativo.

E é que a maior parte dos militantes posicionanse en contra dunha obra á que EU-IU sempre se opuxo a pesares de que Díaz tente limar tensións e buscar alternativas. Precisamente, a tenente de alcalde non quere que esta situación se poida converter nun conflicto maior co seus socios socialistas que leve a unha crise municipal. E é que Irisarri xa advertiu que non tolerará ter o inimigo dentro da casa.

Ás bases de EU-IU non lles gusta o carácter "dictatorial" do alcalde e moitos militantes xa o teñen expresado nos órganos da coalición. Hai quen cree que esta alianza está perxudicando a imaxe colleitada por esta formación logo das municipais e advirten da pérdida de influencia. Tampouco os conflictos internos de EU-IU axudan a resolver a situación xa que hai grandes diferencias entre os membros do PC e os seguidores de Llamazares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta