Detalles sobre 'Resistência Galega'

Este grupo independentista, que vinculan co achádego de 26 bombas incendiarias nuha vila portuguesa próxima a Lobios, deuse a coñecer nas vésperas do Día da Patria de 2005....

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/09/2006 | Actualizada ás 09:48

Comparte esta noticia

Un ano despois, xa durante este verán, volveu saberse deste grupo, esta vez por unha entrevista que finalmente non se chegou a publicar. O autor da mesma remitíaa ós medios da Net ó non ser aceptada a súa publicación:

"Son xornalista. Traballo nun medio de comunicación escrito da Galiza, e en acrodo co xefe da miña sección realicei durante o pasado mes de Xuño unha entrevista a Osvaldo Brea, identificado pola Policia e a Guardia Civil como activista da Resistencia Galega. Osvaldo está actualmente en paredeiro descoñecido, pero eu estiven falando con el durante duas horas dunha tarde calurosa, na que conversamos de política, de violencia e tamén da sua vida persoal. É a primeira entrevista que se consigue con unha persoa que recoñeza publicamente estar detrás do fenómeno de atentados e sabotaxes radicais que nos ultimos anos se producen no noso país, especialmente nas proximidades do 25 de Xullo. E sen embargo, por orden política, o medio para o que traballo decidiu que non está disposto a publicala.

É por iso que decdin sacar esta entrevista á luz por outros medios. Porque non creo na censura, e porque, ainda sen compartir os medios e moitas das ideas de Osvaldo Brea, creo que a sua voz pode e debe ser escoitada. O feito de que esta entrevista non saia publicada nun medio de comunicación "convencional" fi que non sexa estrictamente material xornalístico, polo que, co desexo de guardar as miñas fontes e as miñas costas, prefiro manter o meu anonimato. A veracidade deste material creo que se desprende do seu propio contido". Podes consultar a entrevista aquí.

O certo é que é a primeira vez que en Portugal se realiza un achádego destas carácteristicas. Un feito que, segundo a Garda Nacional Republicana abre "novas vías de investigación" sobre a vinculación que o independentismo galego ten con outros grupos do país luso.

A Policía portuguesa baralla a posibilidade de que algúns ex militantes de organizacións extremistas de finais dos 70 en Portugal poidan estar dando cobertura ou apoio a estes grupos no Norte deste país, aínda que esta hipótese está por confirmar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

12 Yiliquiyo

Non sei se o monstro é el ou todos os que escribides estes comentarios. El está falando da explotación e do traballo e un di que "tinha que vir a currar ao meu tajo todo o puto dia". Realmente alguén pode rebatir, sen insultarlle, o que di?

11 Jorge

Estas cousas teñen que facer recapacitar a sociedade actual.Da a sensación que se está a facer algo mal, non se pode comprender como cada día hay mais persoas que teñen estas ideas e saen mais nacionalismos radicais. Será que estivemos sembrando merda e agora nos toca recoller isto. Espero que cambien as cousas senon chegaremos a ter unha Batasuna e menos radicalizada unha ERC

10 Falar é de balde

Eu pregúntome... que diferenza hai entre o individuo en cuestión e un Ultra Sur? Ou, dito doutro xeito... a xustificación do gusto por dar hostias através dunha motivación disque política. Que país.

9 Falar é de balde

Eu pregúntome... que diferenza hai entre o individuo en cuestión e un Ultra Sur? Ou, dito doutro xeito... a xustificación do gusto por dar hostias através dunha motivación disque política. Que país.

8 can celo

menudo gilipollas, a este había que traelo a currar o meu tajo todo o puto día verias como se lle pasaba o rollito de campeon rompebragas. Hai que joderse con este fillo de papa maltratado polo sistema. Mira neno, eu estaba en Clangor uns soplapollas coma ti casi nos matan a todos en clave de non se sabe que. Papán, co trastorno de personalidade que padeces, mitomanía a todas as luces, por qúé non probas a pegarte lume diante do coche de Touriño?