Detalles sobre 'Resistência Galega'

Este grupo independentista, que vinculan co achádego de 26 bombas incendiarias nuha vila portuguesa próxima a Lobios, deuse a coñecer nas vésperas do Día da Patria de 2005....

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/09/2006 | Actualizada ás 09:48

Comparte esta noticia

Un ano despois, xa durante este verán, volveu saberse deste grupo, esta vez por unha entrevista que finalmente non se chegou a publicar. O autor da mesma remitíaa ós medios da Net ó non ser aceptada a súa publicación:

"Son xornalista. Traballo nun medio de comunicación escrito da Galiza, e en acrodo co xefe da miña sección realicei durante o pasado mes de Xuño unha entrevista a Osvaldo Brea, identificado pola Policia e a Guardia Civil como activista da Resistencia Galega. Osvaldo está actualmente en paredeiro descoñecido, pero eu estiven falando con el durante duas horas dunha tarde calurosa, na que conversamos de política, de violencia e tamén da sua vida persoal. É a primeira entrevista que se consigue con unha persoa que recoñeza publicamente estar detrás do fenómeno de atentados e sabotaxes radicais que nos ultimos anos se producen no noso país, especialmente nas proximidades do 25 de Xullo. E sen embargo, por orden política, o medio para o que traballo decidiu que non está disposto a publicala.

É por iso que decdin sacar esta entrevista á luz por outros medios. Porque non creo na censura, e porque, ainda sen compartir os medios e moitas das ideas de Osvaldo Brea, creo que a sua voz pode e debe ser escoitada. O feito de que esta entrevista non saia publicada nun medio de comunicación "convencional" fi que non sexa estrictamente material xornalístico, polo que, co desexo de guardar as miñas fontes e as miñas costas, prefiro manter o meu anonimato. A veracidade deste material creo que se desprende do seu propio contido". Podes consultar a entrevista aquí.

O certo é que é a primeira vez que en Portugal se realiza un achádego destas carácteristicas. Un feito que, segundo a Garda Nacional Republicana abre "novas vías de investigación" sobre a vinculación que o independentismo galego ten con outros grupos do país luso.

A Policía portuguesa baralla a posibilidade de que algúns ex militantes de organizacións extremistas de finais dos 70 en Portugal poidan estar dando cobertura ou apoio a estes grupos no Norte deste país, aínda que esta hipótese está por confirmar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

7 Non o entendo

De pena peniña pena este rapaz que non só vai estragar a súa vida, senón que tamén pode tronzar a vida de moitos inocentes.

Non ten ideas políticas, nin proxecto de ningún tipo. O seu é puro e duro resentimento social que o pode levar a unha espiral suicida e perniciosa para todos.

Pero non pode andar solto, porque pode facer unha burrada moi grande e moito dano. É mágoa, pero é así.

En que fallaron os seus pais para crear un mostro así? en que fallou a escola? en que fallamos todos?

6 Non o entendo

De pena peniña pena este rapaz que non só vai estragar a súa vida, senón que tamén pode tronzar a vida de moitos inocentes.

Non ten ideas políticas, nin proxecto de ningún tipo. O seu é puro e duro resentimento social que o pode levar a unha espiral suicida e perniciosa para todos.

Pero non pode andar solto, porque pode facer unha burrada moi grande e moito dano. É mágoa, pero é así.

En que fallaron os seus pais para crear un mostro así? en que fallou a escola? en que fallamos todos?

5 hadrian

Estamos ante un galego egréxio, que figurará na história ao carón de outros nomes de prestíxio, como por exemplo Cañita Brava.

4 O moinante

Ou é umha nova trapaceria dos serviços de inteligência espanhois ou umha nova colheita de "dellirium" que de quando em vez nasce no País. Parecesse que neste País sementam tolos por tempadas.

3 xabier

PATETICO... moi triste...

O tolo da vila e as suas neuras