Goretti Sanmartín: "Hai unidade arredor de Ana Pontón e, logo, lixeiras diverxencias na maneira de ver algúns asuntos"

A alcaldesa de Santiago está convencida de que a o apoio á líder do BNG "vai seguir medrando" en sucesivas citas electorais. "Nós imos a por todas, non nos poñemos teito e imos seguir medrando. Estou moi segura", di.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/04/2024 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

"A figura de Ana Pontón é a dunha líder non só impresicindible, senón que é unha líder cunha enerxía e unhas ganas que se van ver nestes próximos catro anos, nos que se vai ver que hai non só alternativa, ideas e propostas". A rexedora da capital galega, Goretti Sanmartín, está convencida de que o efecto Pontón continuará nas vindeiras eleccións galegas. "Por suposto que non ten teito. Ana Pontón vai seguir medrando co seu apoio, non só consolidado, senón que se reforzou despois desta campaña e despois destas eleccións. Ao teito electoral do BNG aínda lle queda moito", di convencida.

A alcaldesa entrante da cidade, Goretti Sanmartín (BNG) (e), e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón (d), na sesión de constitución do Concello de Santiago
A alcaldesa entrante da cidade, Goretti Sanmartín (BNG) (e), e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón (d), na sesión de constitución do Concello de Santiago | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Nesta entrevista no Xornal de Compostela, Sanmartín lembra que, a pesar do "salto fantástico e extraordinario" do BNG, non foi posible chegar á Xunta porque "fallaron outras forzas", en alusión ao PSdeG. Pero de cara ao futuro, está moi esperazanda. "Nós imos a por todas, non nos poñemos teito e imos seguir medrando. Estou moi segura".

A alcaldesa de Santiago tamén destaca que o BNG non cambiou nunca os seus obxectivos como formación política. "O Bloque sempre foi o mesmo, porque se move por uns obxectivos comúns que son moi clariños", dixo tras ser preguntada se existen dúas almas dentro do BNG, tras as declaracións, 15 horas depois dos comicios galegos do voceiro nacionalista no Congreso, Néstor Rego, asegurando que o BNG seguía sendo "soberanista e anticapitalista".  

"LIXEIRAS DIVERXENCIAS"

"Somos unha fronte e esa fronte permite que convivan xentes e posicións diverxentes, pero arredor dun núcleo central; defensa do dereito a decidir, defensa dos intereses no noso país, defensa de Galicia como liña fundamental e aposta polo soberanismo. Iso sempre estivo aí e creo que non hai nada que ocultar", aclara.

Por iso insiste en que o liderato de Ana Pontón non BNG non se discute, nin tampouco as prioridades políticas da formación. "Hai unha unidade arredor da figura de Ana Pontón, do seu liderado, do que significa e logo o que hai é simplemente diversas maneiras de comunicar, de transmitir. Hai diversidade, por suposto, e lixeiras diverxencias na maneira de ver algúns asuntos, pero que entran dentro da normalidade máis absoluta do que sempre foi o Bloque", di nesta entrevista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Dende Braga con Amor

"soberanista e anticapitalista" polo tanto non está preparado para afrontar o mundo no que vivimos. Vive nunha distopía porque Galiza nin é soberana (casi non o é o Estado Español), nin non mundo no que vivimos se pode vivir alleo o capitalismo. Ana é a marca blanca... palabras bonitas, mensaxes enlatados. A realidade non a Industria, non as novas enerxias, non o avance coma sociedade. O que implica perda de oportunidades. Unha lástima que o nacionalismo galego caese en mans de estos "comunistas", ahora máis wokes que comunistas pero vamos un verdadeira lástima. Se se ergue Castelao é os ve ... emigra a Arxentina.

1 Loisin

Consumo km 0 é soberanismo, AP9 galega é soberanismo, empresa enerxía pública é anticapitalismo, educación pública é quitar o capital da ensinanza dos nosos fillxs... Son algúns exemplos do soberanismo e anticapitalismo actual do BNG. Polo tanto, viva este BNG!!!

2 Xanc

Non está preparado para afrontar o mundo no que vivimos... Xusto o contrario: é a ferramenta perfecta para combater o individualismo capitalista. Precisamos máis soberanismo e menos capitalismo!!