A FPG critica o electoralismo en torno ao concurso eólico

A FPG volve a criticar o concurso eólico, pero desta vez non só carga contra a Consellería de Innovación, senón tamén contra o PP, e denuncia o electoralismo que hai entorno a este proxecto...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/12/2008 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

Toda a información que xira nas últimas semanas arredor dos aeroxeradores

versa sobre o reparto das concesións de parques eólicos.

Lévase dito de moitas maneiras; todo o decreto eólico é problemático

desde o punto de vista ecolóxico, de conservación do patrimonio e tamén,

claro está, desde os puntos de vista económico e do sistema de reparto

das concesións administrativas.

Non é o reparto o único problema.

A saída do PSOE da comisión avaliadora ten dúas lecturas: deslexitimar a

posible aprobación do tal reparto por parte do BNG, pois faríao co

desacordo público dos seus socios; e tratar de adiar as adxudicacións

para impedir que se produzan antes das eleccións. O Decreto é unha baza

electoral escandalosa.

Pero a Frente Popular Galega (FPG) censura tamén a actitude cínica do PP.

Por que agora amosan tanto interese con denuncias públicas, cando no

Parlamento puideron solicitar a creación de comisións de seguimento e de

investigación? Pero o PP non pode facer iso porque non quere que salte á

palestra pública os seus preitos das hidroeléctricas, coa investigación

por parte da fiscalía de prevaricación de Luís Castro Valdivia, cuñado

de Ramón Ordás (exdirector xeral de Industria, Enerxía e Minas no

período de Fraga) ou as investigacións por corrupción a Manuel

Rodríguez-Portugal, enxeñeiro xefe da Deputación de Ourense, entre

outros casos que salpican ao Partido Popular.

Na FPG e no movemento ecoloxista seguímonos facendo varias preguntas:

-Por que se tomou a decisión de presentar a concurso case 2.500 Mw?

Precisa Galicia desa produción?

-Por que se permite a especulación, o mercadeo da potencia producida logo

da construción do parque eólico?

-Por que non hai un seguimento do cumprimento íntegro das anteriores

adxudicacións eólicas?

-Por que non se fala de repotenciar os aeroxeradores existentes, no canto

de abrir novos parques que ocupan todo o territorio, estragando os nosos

montes, destruíndo o patrimonio natural e histórico?

Moito nos doe que sexa a Consellaría de Innovación e Industria, da cal é

responsable unha persoa con carné dun partido dito nacionalista e

comunista, a que preparou este Decreto Eólico de forte contido

colaboracionista co capital máis depredador e colonialista.

Non somos, na FPG, contrarios á explotación do vento como fonte de

enerxía, aínda considerando que hai outras de maior rendemento, como é a

fotovoltaica, pero si nos opoñemos á destrución da paisaxe e das nosas

riquezas patrimoniais dun xeito absolutamente irracional e desleixado.

Pensamos que hai outras formas de utilizar e xestionar a nosa riqueza

natural, sen tanto prexuízo para a nación e máis beneficiosas;

preocupándose, por exemplo, polo servizo que deben dar as empresas de

subministración eléctrica a toda a poboación, por moi alonxada ou

dispersa que se atope porque, á hora de pagar, as tarifas son as mesmas;

como da construción de liñas de baixa tensión cara o rural.

Contra o lucro colonial da produción enerxética!

Frente Popular Galega,

na Terra, 23 de decembro de 2008.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

20 liberado sindical

Moito comentario valeiro, moito bla bla bla, moita teoría política, moito ruxe ruxe, moito intelectualoide de esquerdas, moito de direitas, moita historia....
Moito funcionario, moito sindicalista, pero os unicos que xeran riqueza son os empresarios, (xa contesto, os bos empresarios).Este país necesitas mais empresas e menos intelectuais que se adican ao analise politico.

19 anónimo

http://www.lavozdegalicia.es/dinero...

Las principales organizaciones ecologistas entienden que la consellería ha puesto los bueyes delante del carro. Es decir, que está a punto de adjudicar 2.325 megavatios sin disponer de un nuevo plan sectorial eólico.

«Industria vai dar uns dereitos conforme á planificación do PP, e iso é inasumible», sentencia Fins Eirexas desde la Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), una organización proteccionista afín al BNG, partido que dirige esa consellería.

18 anónimo

adiante a FPG
o bloque á fogueira!!!!

17 Zutabe

Iso mesmo dicía a nai que te pintou e así saiche

16 Adiante Galiza

Eso mismo dicia Maria Antonieta.