A FPG critica o electoralismo en torno ao concurso eólico

A FPG volve a criticar o concurso eólico, pero desta vez non só carga contra a Consellería de Innovación, senón tamén contra o PP, e denuncia o electoralismo que hai entorno a este proxecto...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/12/2008 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

Toda a información que xira nas últimas semanas arredor dos aeroxeradores

versa sobre o reparto das concesións de parques eólicos.

Lévase dito de moitas maneiras; todo o decreto eólico é problemático

desde o punto de vista ecolóxico, de conservación do patrimonio e tamén,

claro está, desde os puntos de vista económico e do sistema de reparto

das concesións administrativas.

Non é o reparto o único problema.

A saída do PSOE da comisión avaliadora ten dúas lecturas: deslexitimar a

posible aprobación do tal reparto por parte do BNG, pois faríao co

desacordo público dos seus socios; e tratar de adiar as adxudicacións

para impedir que se produzan antes das eleccións. O Decreto é unha baza

electoral escandalosa.

Pero a Frente Popular Galega (FPG) censura tamén a actitude cínica do PP.

Por que agora amosan tanto interese con denuncias públicas, cando no

Parlamento puideron solicitar a creación de comisións de seguimento e de

investigación? Pero o PP non pode facer iso porque non quere que salte á

palestra pública os seus preitos das hidroeléctricas, coa investigación

por parte da fiscalía de prevaricación de Luís Castro Valdivia, cuñado

de Ramón Ordás (exdirector xeral de Industria, Enerxía e Minas no

período de Fraga) ou as investigacións por corrupción a Manuel

Rodríguez-Portugal, enxeñeiro xefe da Deputación de Ourense, entre

outros casos que salpican ao Partido Popular.

Na FPG e no movemento ecoloxista seguímonos facendo varias preguntas:

-Por que se tomou a decisión de presentar a concurso case 2.500 Mw?

Precisa Galicia desa produción?

-Por que se permite a especulación, o mercadeo da potencia producida logo

da construción do parque eólico?

-Por que non hai un seguimento do cumprimento íntegro das anteriores

adxudicacións eólicas?

-Por que non se fala de repotenciar os aeroxeradores existentes, no canto

de abrir novos parques que ocupan todo o territorio, estragando os nosos

montes, destruíndo o patrimonio natural e histórico?

Moito nos doe que sexa a Consellaría de Innovación e Industria, da cal é

responsable unha persoa con carné dun partido dito nacionalista e

comunista, a que preparou este Decreto Eólico de forte contido

colaboracionista co capital máis depredador e colonialista.

Non somos, na FPG, contrarios á explotación do vento como fonte de

enerxía, aínda considerando que hai outras de maior rendemento, como é a

fotovoltaica, pero si nos opoñemos á destrución da paisaxe e das nosas

riquezas patrimoniais dun xeito absolutamente irracional e desleixado.

Pensamos que hai outras formas de utilizar e xestionar a nosa riqueza

natural, sen tanto prexuízo para a nación e máis beneficiosas;

preocupándose, por exemplo, polo servizo que deben dar as empresas de

subministración eléctrica a toda a poboación, por moi alonxada ou

dispersa que se atope porque, á hora de pagar, as tarifas son as mesmas;

como da construción de liñas de baixa tensión cara o rural.

Contra o lucro colonial da produción enerxética!

Frente Popular Galega,

na Terra, 23 de decembro de 2008.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

5 anónimo

estrevo qué pouca bagaxe .... para esta viaxe sobraban alforxas.
galescolas: traballo precario e caciquismo nas contratacions
banco de terra: moi longo mo fías meu. o avance do país non debera basearse tanto no sector primario.
seleccions nacionais deportivas: pois vaia logro do ca_rallo.
como paratirar foguetes ao ceo

4 alberto

veña FPG, Zutabe etc...contra as eólicas caña, caña, caña, caña...e pasada a turca? que posición SERIA tedes sobre o tema? unha ecomenda mais para o Ugío e a Jiana...ah! amijos! eu prefiro muiños de vento a joma dous e...fantasmas ;-)

3 OdeSempre

Os da FPG primeiro dividirón o independentismo en dúas metades irreconciliables, e agora fanlle a oposición o BNG, pero claro cando cheguen as eleccións xa sabemos quen lles vai pagar a carteleria de todos os anos.

2 Estevo das Estrivadas

Agardo que moitos votantes nacionalistas e galeguistas teñan en conta o traballo do BNG en temas coma as galescolas, o banco de terras, as seleccións nacionais deportivas, as normas do habitat...

1 Zutabe

"Moito nos doe que sexa a Consellaría de Innovación e Industria, da cal é
responsable unha persoa con carné dun partido dito nacionalista e
comunista, a que preparou este Decreto Eólico de forte contido
colaboracionista co capital máis depredador e colonialista."

Esperamos que muitos votantes do BNG que entran por estes lares teñan en conta esta dato, coma moitos outros (Pxom de Vigo, Massó en Cangas, etc), antes do 1 de marzal. Ou se non que sigan a contribuir cun partido rexionalista que segue a traballar pra España e pró capital.