Por que non vai Ánxela Bugallo nas listas?

As razóns deunas na Asamblea comarcal do BNG de Compostela Anxo Louzao, membro da UPG e secretario nacional de CIG-Ensino...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 09/01/2009 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

a) que cesara a Carlos Amoedo (ex secretario xeral de Cultura) sen o visto e prace da Executiva;

b) que aprobara a posta en marcha da Fundación Cidade da Cultura, "que vai en contra dos fundamentos do BNG", e;

c) que o número de votos que recibiu na anterior asamblea comarcal (a que se celebrara para aportar nomes para as listas) fora moi inferior aos de Ana Belén Pontón.

Fontes quintanistas consultadas apuntan que estas razóns teñen pouco peso argumentativo e apuntan as razóns:

a) Francisco Jorquera informou nun Consello Nacional que a Executiva tiña evaluado o cese de Amoedo. Así acordaron que este cese non seguiu os estatutos do BNG pero aceptaron as explicacións de Bugallo sobre o feito. Nesa xuntanza tamén recoñeceron o traballo de Amoedo na consellería;

b)  que a Fundación Cidade da Cultura foi unha imposición da parte socialista do bipartito, aceptada polo BNG no Consello da Xunta;

c) que, efectivamente, na asamblea anterior, Bugallo recibiu menos votos que Pontón (44 fronte a 150) pero porque os militantes da UPG romperon un "pacto non escrito" segundo o cal os dous sectores (quintanistas e UPG) ían votar cada un a lista presentada polo outro. "E no caso de Bugallo, curiosamente, non foi así. Por iso utilizan agora ese argumento", apuntan.

Dende a UPG aclaran que "hai quen quere ver pantasmas onde non as hai" e aseguran que a non presencia de Bugallo nas listas é cousa de todo o BNG incluído os quintanistas e o propio Quintana.

En todo caso, na xuntanza do pasado mércores en Compostela prosperou a lista presentada pola Executiva (e na que figura Pontón como número dous) con 125 votos a favor, 25 en contra e 4 abstencións. "Ao final moito protestar pero votaron a mesma lista que nos", din dende o partido hexemónico do BNG. E é que a pesar das críticas feitas por algúns quintanistas, ao final, este sector acabou apostando pola proposta oficial. "O descontento é evidente, hai xente que non foi a esta xuntanza e, dos que foron, moitos votaron a favor pero outros fixerono en contra e outros abstiveronse", argumentan dende o quintanismo. Tamén houbo votos contrarios á lista oficial por parte do MpB e dos irmandiños.

Coruña e Ourense

E se hai descontento entre o quintanismo en Santiago, tamén o hai entre a UPG na Coruña. Nesta comarca, representantes deste partido amosaronse moi críticos coa presenza da directora Xeral do Servizo de Igualdade, Ana Bouzas, no número catro, aínda que ao final, e tal e como aconteceu en Compostela, votaron a favor da proposta da Executiva. O nome de Bouzas foi manexado por Quintana para situala como número dous da candidatura, pero finalmente, os apoios recibidos por Pontón e a presión da UPG fixeron imposible esta estratexia.

E a pesar de haber certo consenso en Lugo e Ourense entre o quintanismo e a UPG, o certo é que na asamblea comarcal de Ourense, houbo un amplio sector, fundamentalmente dos Irmandiños, que votaron en contra da proposta oficial da Executiva que sitúa a Alfredo Suárez Canal como número 1, a Tereixa Paz no 2 e a Iago Tabarés no 3. Esta candidatura recibiu 76 votos a favor, 30 en contra e 10 abstencións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 91 comentarios

91 anónimo

as sociedades non se. o que si sei é que moitísimos socios desas soiciedades (tradicionais ou avanzadas) estamos ata os mismisimos c_ollons, c_oños e c_arallos de que nos tomen o pelo os neoprogresistas de salón que, logo cando chegan ao poder, imitan ás dereitas en todo o que poden. perante esta lexislatura foron monumentais e vergoñentas as incoherencias entre a xestión do bloque e os seus postulados teóricos. gobernou con prepotencia, autoritarismo e con auténticas politicas NEOLIBERAIS, CACIQUILES E CLIENTELARES.

fascios, xamáis e ... caciques: SEMPRE fora da nosa terra!!!

estou seguro de que si castelao levantara a cabeza e ollara as formas caciquiles e clientelares de gobernar que ten o bloque na xunta, dáballe un patatús

90 Maria Bouzas

Moi triste,moi grave.
As sociedades tradicionais non estan interesadas no progreso tecnico nin no avance social,so no control da sexualidade das suas mulleres.

89 paco garcia

Ya llega la bailarina :
soberbia y pálida llega.
¿Cómo dicen que es gallega?
Pues dicen mal: ¡¡¡es divina!!!
(José Martí, Versos sencillos - 1891-)
http://retazosdetuleyenda.wordpress...

88 paco garcia

a min, despois de rosalía, a que máis me gostou sempre foi a "bella_otero"

87 lolita

ti si que entendes o percal vanesa,moitas tiñan que tomar exemplo