Pablo Casado varre aos sectores afíns a Feijóo da súa dirección

O núcleo duro do PP non contará con ningún galego. O líder popular rodease só dos seus máis afíns, entre eles, Cayetana Álvarez de Toledo, e cargos procedentes do aznarismo e do aguirrismo.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 30/07/2019 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

Galicia xa non pinta nada no PP de Madrid. O novo líder deste partido quixo mandarlle un recado a Alberto Núñez Feijóo e aos que, como el, opinan que, quizais, os populares teñan que negociar co PSOE para facilitar a investidura de Pedro Sánchez. Pablo Casado quixo cortar de raíz ese debate cunha reestruturación da cúpula do seu partido na que xa non estará a única galega afín a Feijóo, Marta González, vicesecretaria de Comunicación.

Pablo Casado durante unha rolda de prensa
Pablo Casado durante unha rolda de prensa

Con este novo golpe de man, Casado rodease só dos seus máis afíns e desterra aos distintos sectores aos que premiara con certos cargos tras gañar as Primarias de hai un ano, tanto sorayistas como os afíns a María Dolores de Cospedal. Entre eses dirixentes do novo PP destaca a polémica Cayetana Álvarez de Toledo, que pode será a voceira do PP no Congreso. Un posto ao que tamén aspiraba a ex alcaldesa de Logroño e actual vicesecretaria de Política Social, Cuca Gamarra. 

Segundo algúns medios Gamarra podería ser nomeada Secretaria de Organización xa que Javier Maroto, outro dos homes de Casado, asumíu a Portavocía do PP no Senado. O grupo de afíns a Casado completariase co xornalista Pablo Montesinos, aposta personal do propio Casado, que podería ocupar, precisamente, o cargo de Marta González.

Outro dos que tamén sairía desa cúpula directiva é Vicente Tirado, até agora vicesecretario de Política Local e Autonómica e home afín a María Dores de Cospedal. O seu substituto podería ser Antonio González Terol, ex alcalde de Boadilla, aliñado co aguirrismo no PP madrileño e apoio da candidatura de Casado nas primarias.

OS GALEGOS

Os galegos quedan reducidos a segundos postos na nova dirección de Casado. Así, o deputado por Lugo Jaime de Olano pasará a ser novo vicesecretario de Participación, mentres que a deputada pola Coruña Marta González pasará de vicesecretaria de Comunicación a portavoz adxunta no Congreso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 fhsg

Feijoo está políticamente morto. Vai perder a maioría absoluta e xa se verá que lle chegan os pactos con Cs para gobernar. A nivel nacional non ten nada que facer que os seus opositores ventilan cando poden que "exterminou" o español da administración autonómica, que se xenocidio cultural, que se non se pode escoller lingua vehicular no ensino, etc.

1 Chouteirada

Galiza nunca pintou nada en Madrid. Os galegos madrilegos miran por España e Galiza impórtalles só cando voltan pra comer o pulpo nas festas patronais ó son das orquestras monstruosas de pseudomúsica latinoatronadora. Somos e seremos unha colonia. O PPdG do frijol só manda na rtvg e na prensa, no xacobeo e nos concellos máis envellecidos diste impaís. E é unha mágoa, confiaba en que o narcopresi marchara pra "capital"...