A decisión do presidente español de non dimitir supón un alivio para a familia socialista galega. Aínda que non todos están de acordo co final desta minicrise, boa parte da militancia do PSdeG considera que, polo menos, arrefría a crise do partido en Galicia e é un balón de osíxeno para Besteiro.
  comenta   0
Membros da plataforma Amigas das Árbores e outros colectivos veciñais e ecoloxistas concentráronse este xoves na rúa Falperra para impedir a talla de varias árbores programada polo Concello de Vigo, e os operarios acabaron por marcharse sen levar a cabo esas tarefas.
  comenta   0
O viceportavoz segundo do Grupo Parlamentario do BNG, Luís Bará, valorou en profundidade este xoves a nova estrutura da Xunta que dirixe Alfonso Rueda e dixo que ten varias "claves". Asegurou que as modificacións na Presidencia merecen "unha peza separada" pola súa "entidade propia e calado político".
  comenta   0
Matías González Cañón fora cabeza de lista do PP nesta localidade pero foi apartado por unha condena de violencia machista. Ata agora estaba como non adscrito.
  comenta   0
Os 'populares' da Illa din que que o concelleiro só "cometeu un erro, pagou por el" e ten unha "implicación absoluta na loita pola igualdade e a erradicación da execrable violencia contra as mulleres"
  comenta   0
Ademais, tamén cuestionaron a "rebaixa" da Secretaría Xeral de Igualdade, que agora é unha dirección xeral en conxunto con outra máis de loita contra a violencia machista.
  comenta   0
O portavoz de Xustiza e Deporte do Grupo do BNG, Iago Tabarés, anunciou que formación rexistrou unha petición de creación de comisión de investigación no Parlamento de Galicia sobre a contratación durante a pandemia por parte da Xunta, "ante a negativa" ata agora de abordar esta cuestión por vontade propia dos populares.
  comenta   0
O Goberno de Milei tamén ignora á Xunta e ao PP na visita de Rueda a Arxentina. Rueda só se reunirá cun cargo residual do Goberno arxentino, o subsecretario de Pesca de Arxentina.
  comenta   0
O portavoz de Industria do PP na Cámara Baixa, Francisco Conde, acusou ao Executivo dunha "política industrial absolutamente intervencionista".
O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) sitúa ao PSOE case dez puntos por encima do PP, cunha estimación de voto do 38,6 % dos socialistas e 29,2 % para os 'populares'. Pola súa banda, o BNG mantense cun 0,9 % da estimación de voto con respecto ao anterior barómetro.
  comenta   0
Tras os seus cinco días de reflexión, pide poñer fin ao "fango" e á "política da vergoña".
  comenta   0
Presentará proposicións para que retire o "polémico" índice, que segundo os populares "non está a funcionar" pese a que se aprobou hai 40 días e só se aplicou ata agora en Cataluña.
  comenta   0
Democracia Ourensana cuestionou se os partidos da oposición teñen "a síndrome de Estocolmo". "Danvos cousas para os vosos pobos e non sei se padecedes a síndrome de Estocolmo, porque estades adoitados a que non vos desen nada", esgrimiu Rafael Cachafeiro, portavoz da formación.
  comenta   0
O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), Xurxo Doval, dixo que se trata dunha medida "de clases". "Fixeron unha medida de clases, omitindo a necesidade da súa universalidade. Non se pode condicionar a gratuidade aos aprobados, a meritocracia non existe salvo que sexas rico", sostivo.
  comenta   0
Reclama anular a concesión "presuntamente ilegal" e estudar custos para unha asunción directa, que estima nuns 1.500 millóns, tras a apertura do expediente da Comisión Europea.
  comenta   0
A maxistrada instrutora estimou proceder contra Baltar ao entender que, aínda aplicando a marxe de erro do 5 % que establece a normativa sobre o resultado do radar, a cifra alcanzaría os 204 quilómetros por hora nun tramo no que a velocidade máxima permitida era de 120 quilómetros por hora, o que ao seu xuízo encaixa nun delito contra a seguridade viaria.
  comenta   0
Ligan esta actitude á polémica xurdida na cidade da Coruña, onde os populares locais reclamaron á alcaldesa, Inés Rey (PSOE), que anulase un acto igual na urbe herculina
  comenta   0
O CIS xa incluíu no seu barómetro de abril unha primeira pregunta directa sobre as eleccións ao Parlamento Europeo, e entón o PP aparecía na cabeza cun punto de vantaxe sobre o PSOE
  comenta   0
O Partido Popular rexeitou coa súa maioría na Cámara galega a posta en marcha dunha auditoría externa, "a cargo de profesionais independentes", sobre as contratacións de emerxencia efectuadas pola Xunta durante a pandemia derivada da covid-19. "Mentres estabamos confinados, mentres xente arriscaba a súa vida traballando polos demais, había quen aproveitaba para facer negocio desa situación catastrófica", advertiu o BNG.
  comenta   0
Toma posesión coma deputado o que foi alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes. Os nomeamentos no segundo nivel da Xunta provocarán novos cambios na bancada popular que se materializarán en próximos plenos.
  comenta   0
O presidente da Xunta afirma que a factoría proxectada para Palas de Rei "funcionará en Galicia con todas as garantías ou non funcionará"
  comenta   0
"Cada un é libre para opinar o que lle pareza sobre estas cuestións, pero hai a penas quince días que saíu un goberno froito dunhas eleccións que o PP que gañou por maioría absoluta", afirmou. Asegura que se o PP "non ten nada que ocultar", debe arroxar "transparencia sobre os contratos" de compra de material sanitario.
  comenta   0
Os principais partidos "satisfeitos" cos resultados. Rueda destaca que a súa formación aumentou os apoios, Pontón destaca o incremento de votos "nacionalista e soberanista" e Besteiro salienta o bo resultado dos socialistas vascos.
  comenta   0
O presidente da Xunta di que o exconselleiro Comesaña será viceportavoz do PPdeG no Parlamento e apunta que poucos conselleiros, "dous ou tres" manterán a súa acta na Cámara galega.
  comenta   0