Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2019 | Actualizada ás 13:49
O Goberno galego dedicou preto de 760.000 euros ao programa de recuperación, conservación e fomento da raza autóctona gandeira do 'porco celta' desde o ano 2010 e conta con manter un investimento similar para o período 2020-2023.
Así o trasladou o conselleiro de Medio Rural, José González durante unha visita a unha explotación desta especie situada no municipio de Friol, en Lugo. Alí destacou o peso do sector porcino na comunidade galega, con 1.150 explotacións industriais e un censo de 1,2 millóns de animais.
Ante estas cifras, sinalou, cobra especial importancia que Galicia conte cunha raza autóctona propia e diferencial, polo que a Xunta colabora na preservación do seu patrimonio xenético e o mantemento da súa pureza dentro dunhas condicións naturais adecuadas.
González insistiu nas vantaxes de explotacións como a de Friol, "máis viables economicamente" e que contribúen tanto a unha "mellor rendibilidade" da actividade gandeira como a un aproveitamento dos matos para a alimentación, de forma que actúa á súa vez no ámbito da prevención ante incendios forestais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.