Eu sei de varios casos tanto no meu concello como en outros, e agora, coa marcha de varias organizacións do Bloque Nacionalista Galego, os debates internos que xa se daban entre familiares nas mesmas casas, recobran unha actuailidade extrema.
Na guerra civil, foron moi sonados os casos de hirmaos que pelexaban en distintos bandos. No BNG non vai chegar o sangue ao río, pero si antes hirmaos como os Lores formaban parte de distintas sensibilidades pero da mesma organizacion, no futuro enfrentaranse desde forzas rivais e mesmo por un parecido espectro de voto.
Así, danse casos nos que unha persoa pertence a +G e a sua dona e Responsábel Local do BNG. Paradoxos do destino que deixan claro que a militancia nacionalista esta fortemente ideoloxizada e que polo tanto resulta difícil de manipular por uns ou outros "aparatos" organizativos.
Si a convivencia e posíbel coas diferencias baixo un mesmo teito familiar, o nacionalismo, debera aprender da madurez de moitas destas familias e considerar a calquer galeguista ou nacionalista un "hirmao" e non un inimigo nesta particular guerra civil.