A Xunta arrinca o proceso para crear a universidade privada de Abanca

O anteproxecto de lei, en exposición pública, apunta que terá sede en Santiago e campus na Coruña e Vigo. Contará con catro graos e catro másteres.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/09/2019 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia sacou a exposición pública o anteproxecto de lei que permitirá a creación da primeira universidade privada de Galicia, a Universidade Intercontinental da Empresa, que impulsa Abanca e que contará inicialmente con catro graos, catro másteres universitarios e dous programas de doutoramento.

Así o recolle o anteproxecto de lei que inicia o procedemento para dar luz verde a este proxecto impulsado por Abanca para crear un centro universitario privado especializado en formación no ámbito da empresa e de carácter internacional. Para iso, apunta, a actividade académica centrarase en dúas áreas de coñecemento: as ciencias sociais e xurídicas e a enxeñaría e arquitectura.

A futura universidade, que parte do actual Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa, adscrito á Universidade de Vigo, expedirá títulos "de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional", nas modalidades presencial e semipresencial.

Con sede en Santiago de Compostela, os seus campus académicos instalaranse na Coruña e Vigo, recolle o anteproxecto, que precisa que, inicialmente, impartirá catro graos, catro másteres universitarios e dous programas de doutoramento.

A maiores, o anteproxecto, que dá a Abanca un prazo de cinco anos para solicitar a autorización de inicio de actividade, determina que a Fundación Universidade Intercontinental da Empresa (FUIE) establecerá un sistema propio de bolsas e axudas ao estudo en consideración do expediente dos estudantes e das súas circunstancias persoais, para o que destinará o 15% dos ingresos totais obtidos anualmente.

Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca. ABANCA - Arquivo
Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca. ABANCA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Mao Invisible

E todo grazas ós galegos que achegamos a este visionario venezolano 9000 millóns das nosas caixas (coa inestimable axuda do narcopresidente). É o mercado, amighiños... hai que preparar unha universidade "amiga" que oferte titulacións e diplomas (€...) ós actuais e futuros concelleiros do PPSOE (os máis deles sen máis preparación que a de lamber...).

1 Bon Misas

Xusto o que precisa Galiza, un viveiro de mozos neoliberais con cartos dabondo (se non os teñen xa llos empresta o banco patrocinador). O plan Bolonia na Universidade galega xa ten por fin a guinda da tarta. A universidade pública agoniza e esta privada faralle a eutanasia (por un non módico prezo...). Xa vexo ós futuros mestres deste centro, están de calumnistas nos massmedia galegos... Fagan xogo, señores!