O Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG) acolleu este venres un acto para conmemorar o Día Mundial da Liberdade de Prensa organizado pola Asociación de Xornalistas de Santiago de Compostela (APSC) no que estivo presente a presidenta da Asociación da Prensa de Madrid (APM), María Rey.
  comenta   0
A Mesa, que leva sen convocarse desde o ano 2018, vólvese a pór en marcha "cunha nova visión, máis contido e máis traballo regular" e coa vontade de convocala, "como mínimo, semestralmente", puxo en valor a rexedora, Goretti Sanmartín.
Este proxecto ten como obxectivo promover o intercambio cultural a través das artes escénicas, tomando como referencia e fío condutor os camiños a Santiago de Compostela.
  comenta   0
Unhas festas que apostan polo folk e o baile tradicional. Haberá un Dron Festival, actividades para nenos e o concerto 40 Pop, con David Otero, ademais das citas tradicionais
O secretario xeral dos socialistas galegos lanzou varias mensaxes ao BNG e proclamou que o PSdeG "non se suma ao cambio cando vén" senón que fai o "cambio".
  comenta   0
Luís Lago Lage será o responsable de Organización, coa concelleira das Pontes Ana Pena como adxunta. Carmela Silva continuará como presidenta da formación, que se reduce nun 31%, ao pasar de 58 integrantes a 40.
  comenta   1
O PSOE apraza ao martes a Comisión Federal de Listas. Os socialistas galegos habilitan autobuses para que os militantes acudan a Ferraz a mostrar o seu apoio a Sánchez.
  comenta   0
Máis dun centenar de persoas plantaron cara á choiva este xoves para lembrar o 50 aniversario da revolución dos Caraveis de Portugal.
O conselleiro de Cultura, Política Lingüística e Xuventude, José López Campos, participou este xoves na inauguración da Asemblea Xeral da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), onde reivindicou a Santiago como "símbolo" do "cáracter multilingüe das sociedades humanas".
  comenta   0
Renfe vendeu nunha semana 22.450 billetes para viaxar nos novos trens AVE S106 na conexión de Galicia-Madrid, que comezarán a circular o próximo 21 de maio. A compañía lanzou os billetes o día 18 de abril cunha campaña de prezos rebaixados desde 18 euros.
  comenta   1
O concelleiro de Compostela Aberta, Xan Duro, criticou a "tramitación nada transparente que fixo a Xunta" e como "un proxecto circular e sustentable acabou derivando nunha macroplanta de celulosa"
  comenta   0
Apostou por "traballar de forma rigorosa e planificada" para "solucionar os problemas de masificación" turística que se producen en Compostela "puntualmente en determinadas zonas e en determinados momentos do ano"
  comenta   0
Un home foi absolto de dous delitos de agresión sexual con penetración denunciados por unha muller coa que tivera unha relación sentimental ao aplicar o tribunal o principio 'in dubio pro reo'.
  comenta   0
A candidatura de Gonzalo Caballero foi defendida polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen destacou ao político vigués como a mellor opción posible pola súa traxectoria e valía.
  comenta   1
A concelleira de Mocidade, María Rozas, explicou que o obxectivo é continuar o traballo iniciado o pasado ano para informar os trastornos mentais máis frecuentes, "evitar os estigmas e previr as condutas de risco entre a poboación máis nova"
  comenta   0
Así o destacaron nunha rolda de prensa ofrecida este xoves o secretario local do PSOE, Aitor Bouza, quen compareceu ante os medios xunto aos representantes socialistas da provincia no Congreso e o Senado
  comenta   0
O Partido Socialista de Santiago considerou que a presente da parcela de Peleteiro "non pode desvincularse do pasado" e referiuse á "responsabilidade" de BNG e Compostela Aberta na situación actual polo seu voto en contra á proposta presentada no pleno municipal polo goberno de Xosé Sánchez Bugallo en decembro de 2022.
  comenta   0
Segundo relatan veciños de Castrón Douro a Europa Press, o xabaril avanzaba ás 00.00 horas do xoves en solitario con dous coches detrás da Policía Local que advertían do perigo cun megáfono.
  comenta   0
En 1983 a obsesión de García Márquez por coñecer as súas orixes era tal que visitou Santiago de Compostela e, alí, entendeu "de onde sacara a avoa aquela credulidade que lle permitía vivir nun mundo sobrenatural onde todo era posible, onde as explicacións racionais carecían por completo de validez", é dicir, onde descubriu a orixe do realismo máxico.
  comenta   0
O embaixador de Ucraína en España, Serhii Phororelstev, está estes días de visita en Galicia para estreitar os lazos humanitarios e comerciais entre a rexión e o seu país. A CEG organiza unha xornada na que participan compañías de sectores como construción, TIC, enerxía, alimentación, formación ou investimentos.
  comenta   0