Por Europa Press / Redacción | Viveiro | 19/09/2019 | Actualizada ás 11:25
System of a Down será a cabeza de cartel do Resurrection Fest 2020, que se celebrará do 1 ao 4 de xullo no emprazamento habitual de Viveiro (Lugo).
"A banda máis pedida deste ano nas nosas enquisas, un das maiores cabezas de cartel do ano nos festivais europeos de metal e unha das maiores bandas de metal da historia, estará tamén en Viveiro con data exclusiva en España para 2020", apunta o comunicado.
A organización anticipa que o de System of a Down "será un concerto de longa duración e con todos os éxitos da banda que soaron en radios e televisións ao longo da súa carreira". "Converterase sen ningunha dúbida nun dos concertos máis históricos que xamais vimos no festival", remarca o comunicado.
Tras esta primeira confirmación, Resurrection Fest, que celebra en 2020 o seu quince aniversario, anunciará "moitas máis bandas" este próximo luns 23 de setembro. As entradas poranse á venda ás 11:00 horas do 1 de outubro en www.resurrectionfest.es.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.