Sen fallar ás tradicións, como o concurso de Beléns, os concertos corais, o festival de Nadal ou a visita do Apalpador, este ano repetiranse os concertos na Rúa Cardeal e o Mercado de Nadal. Tamén cómpre salientar un espectáculo de humor e interesantes propostas teatrais para público familiar.