Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2019 | Actualizada ás 21:18
Milleiros de mozos tomaron as rúas das principais urbes de Galicia na tarde deste venres para clamar contra a "emerxencia climática", en multitudinarias manifestacións convocada polo Movemento Galego polo Clima.
Nas protestas escoitáronse lemas como "Planeta, escoita, somos a túa loita", nun ambiente reivindicativo, aínda que tamén con parte festiva.
As convocatorias tiveron lugar na Coruña, Ferrol, Lalín, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
Os manifestantes reclaman un freo ao cambio climático.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.