Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2019 | Actualizada ás 13:43
O Museo Gaiás conta xa nas súas instalacións coa Biblia Kennicott, unha das xoias da ilustración medieval e un dos manuscritos hebreos máis valiosos e fermosos do mundo, creado na Coruña no século XV.
Esta obra, custodiada nas Bibliotecas Bodlein da Universidade de Oxford, representa a proba máis importante da presenza xudía en Galicia na Baixa Idade Media e formará parte da mostra 'Galicia, un relato non mundo'.
A peza será exhibida cincocentos anos despois do exilio dos seus propietarios, unha importante familia de comerciantes coruñeses que se viron obrigados a marchar tras a implantación do decreto de expulsión dos xudeus promulgado polos Reis Católicos en 1492.
Esta mesma semana foron instaladas outras dúas obras procedentes do Reino Unido e que formarán parte desta exposición. En concreto, a novela de cabalaría 'Pontus e Sidonia', ambientada en Galicia, Bretaña, e Inglaterra, e o 'Mapa Sawley', considerado como un dos máis antigos conservados e que representaba a Catedral de Santiago no século XII como o edificio máis importante de Europea.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.