Á caza de ratos no Hospital de Santiago

A xerencia do CHUS di que ten contratada unha empresa para inspeccionar as súas instalacións e "realiza labor preventivo e de vixilancia dúas veces ao mes nos puntos máis sensibles".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2019 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

A xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) recorreu a unha empresa especializada para inspeccionar as instalacións do Servizo de Farmacia tras o aviso de persoal da presenza de ratos nesas dependencias do hospital compostelán.

Rato
Rato | Fonte: pxhere.com.

Así o confirmaron fontes da xerencia compostelá, que explicaron que a área Sanitaria de Santiago "conta cun plan de control de pragas" e ten contratada unha empresa especializada de forma estable que "realiza labor preventivo e de vixilancia dúas veces ao mes nos puntos máis sensibles".

En días pasados persoal do Servizo de Farmacia avisou da presenza dun rato nas súas instalacións da planta -4, situadas "nunha zona aberta, con comunicación directa con zona forestal e con moita entrada de mercadorías desde o exterior".

A xerencia asegura que "inmediatamente" se avisou a empresa especializada para que "procedese a realizar labores correctivos".

"Hoxe (xoves) visitan a zona por cuarta vez", subliñan as mesmas fontes da área sanitaria compostelá, e "non atoparon indicios da presenza de ningún roedor", conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta