O proxecto 'Aturuxo Films', Premio Nacional de Boas Prácticas

Trátase dun proxecto pedagóxico do IES de Cacheirasde Teo e do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2019 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

O proxecto pedagóxico 'Aturuxo Films-Imaxinando Músicas', do IES de Cacheiras (Teo) e do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, recibiu o Premio Nacional de Boas Prácticas en centros docentes do Ministerio de Educación e Formación Profesional, na categoría 'Desenvolvemento de Competencias de Lectoescritura, Audiovisuais e Alfabetizacións Multiples'.

'Aturuxo Films'.
'Aturuxo Films'.

'Aturuxo Films' conta cunha traxectoria de 12 anos baixo a coordinación do profesor Sergio Clavero. O obxectivo principal é o fomento do pensamento crítico a través da creatividade e o desenvolvemento dunha mirada reflexiva e sensible aos valores sociais e democráticos.

O medio para chegar a este fin é a aprendizaxe da linguaxe cinematográfica, que articula moitas mensaxes e informacións tanto a través do cinema como da televisión, as redes sociais e Internet.

'Imaxinado Músicas', en concreto, é unha iniciativa colaborativa co Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela e coordinado polo profesor Xosé Antonio Rodríguez, que xerou un espazo de creación de cinema e música a través da creación de bandas sonoras para as obras e a elaboración de pezas visuais a través de composicións musicais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta