Unha audioguía virtual para acceder ás salas pechadas da Catedral de Santiago

Dispoñible en galego, castelán, francés e inglés, inclúe o texto subtitulado para facela accesible a persoas con discapacidade auditiva.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2019 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A nova audioguía interactiva da Catedral de Santiago de Compostela permite aos peregrinos realizar unha visita tanto ao museo como ao edificio e dá acceso virtual a aquelas salas que están pechadas por obras. Así o explicaron Daniel Lorenzo, director da Fundación Catedral, e Jaime Solano, representante da empresa encargada do desenvolvemento da aplicación, GVAM, nunha presentación realizada este luns no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino.

A audioguía permite facer unha visita libre a cada unha das salas da Catedral a través dun mapa. Por outra banda, a consulta ao museo presenta unha serie ordenada de imaxes de cada zona e dan acceso a revisar detalles que non son accesibles ao público.

A ferramenta inclúe ademais o texto subtitulado para facela accesible a persoas con discapacidade auditiva. Por agora, está dispoñible en galego, castelán, francés e inglés, pero esperan incluír tamén o italiano e o portugués.

Jaime Solano destacou a "sensibilidade" da aplicación, pois permite recoller "información anónima" dos consumidores sobre que fan e que lles interesa, para permitir á fundación saber que demandan os visitantes.

Daniel Lorenzo e Jaime Solano na presentación da audioguía interactiva da Catedral de Santiago. FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO
Daniel Lorenzo e Jaime Solano na presentación da audioguía interactiva da Catedral de Santiago. FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta