Por E.P. | A CORUÑA | 20/12/2019 | Actualizada ás 18:24
Representantes da Plataforma en Defensa da Ría do Burgo concentráronse ante a Delegación do Goberno en Galicia para reclamar o dragado e a rexeneración da mesma, segundo informaron.
Fixérono cunha pancarta na que se podía ler a lema 'Defendamos a nosa ría. Recuperemos a ría do Burgo' e nunha protesta que contou coa participación da concelleira do BNG no Concello da Coruña, Avia Veira.
A edil mostrou o seu apoio ás reivindicacións do colectivo de mariscadores e apelou á necesidade de que este espazo natural "se rexenere, tanto desde o punto de vista ambiental como económico".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.