O presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Carlos Díaz (MAS), afirmou que e "aínda que é certo que parecía que a semana anterior houbo certa intención por parte da dirección de avanzar na negociación, de momento para os traballadores son totalmente insuficientes".
  comenta   0
O comisario de Agricultura da UE, Janusz Wojciechowski, asegurou que as protestas do campo lle serviron para percatarse de que era necesario modificar "unha parte importante da lexislación e simplificar algunhas restricións da política agrícola común".
  comenta   0
Entre as reclamacións dos manifestantes atópase a demanda dun plan de rexeneración e saneamento das rías e un plan de continxencias, que permita ter unha "cobertura fiable fronte a incidencias de longo prazo" como a que están a vivir.
  comenta   0
Roberto Pérez Vila, delegado da CIG, aseverou tamén, como os demais, que hai "unha paulatina desviación de carga de traballo para outras plataformas loxísticas de Inditex e para subcontratas que traballan con salarios inferiores".
  comenta   0
Denuncian o "desprezo" ao persoal por parte da Xerencia da área Sanitaria por non contar con elas para a nova forma de planificación das cirurxías.
  comenta   1
Os representantes sindicais atópanse en Madrid sen lograr avances na negociación do novo convenio e plan industrial.
  comenta   0
A mobilización central será na Coruña contra "o roubo e saqueo", nun contexto no que un terzo dos asalariados non chega ao salario mínimo.
  comenta   0
CIG- Saúde denuncia que as "infraestruturas inadecuadas" e os "cadros de persoal deficientes" poñen en risco a integridade física dos traballadores.
  comenta   0
Preto dun cento de persoas concentráronse desde as 19.00 horas deste xoves en Ferrol para reclamar o indulto para o exsindicalista Xesus Anxo López Pintos nunha mobilización convocada polas organizacións CIG, CCOO, CGT e UGT e que se desenvolveu ante o edificio da Xunta, na praza de España.
  comenta   0
Os sindicatos UGT e Comisiones Obreras (CC.OO.) lamentaron a postura "intransixente" da patronal durante que negociación do convenio de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra, que se mantén "bloqueada".
  comenta   0
"Hai que ter en conta que máis do 50 % das familias están na pobreza e que o 26,5 % das persoas traballadoras están na pobreza ou en risco da pobreza e todo como consecuencia, como digo, da reforma laboral que nace de manter vixente a reforma laboral de 2012, aínda que se lle suma á carestía de vida que vivimos neste momento", lamentou o portavoz da CIG, Paulo Carril.
  comenta   0
"A caridade é humillante porque se exerce verticalmente e desde arriba; a solidariedade é horizontal e implica respecto mutuo". Eduardo Galeano
  comenta   0
O grupo chantadino vén de presentar novo single: "Volta ao xogo". Segundo contan dende a distribuidora teatral e musical Culturactiva: "Trátase dun adianto do que está por vir, un EP que sairá no verán con sons electrónicos".
Segundo explicou o delegado de UGT, Álvaro Lois, levan "tres anos" tratando de pechar un novo convenio colectivo que se adapte á situación actual, con melloras salariais, modificacións no sistema de traballo e medidas de conciliación.
  comenta   0
Seis activistas prestaron declaración tras unha denuncia pola protesta neste organismo. Fixérono negando "coaccións" e reprochando ao organismo unha "actitude negacionista".
  comenta   0
Despois de conseguirse unha redución horaria ás 35 horas semanais, o problema xurdiu que esta supuxo que non queda garantido nin o proxecto educativo nin as tutorías coas familias.
  comenta   1