Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2024 | Actualizada ás 11:43
A Mesa pola normalización lingüística celebrou que a Xunta "rectificase" e eliminase os topónimos deturpados dos correos electrónicos oficiais da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga). Nun comunicado remitido aos medios, A Mesa sinala que, despois da protesta presentada a través do servizo A Liña do Galega, a Xunta remitiu ás traballadoras e traballadoras da entidade pública unha nova lista de rodas cos topónimos oficiais.
Para A Mesa, a rectificación da Atriga, entidade pública "ao servizo do interese da Comunidade autónoma de Galicia", é un novo éxito da cidadanía galega contra os continuos ataques ao galego. "Ataques", lamenta o presidente da Mesa, Marcos Maceira, "que veñen mesmo das institucións que deben defendela". "A Xunta está a permitir", sinala, "cando non os exerce directamente, ataques á lexislación que debe facer cumprir, entre os que se atopan a Lei de normalización lingüística, o Decreto para a recuperación e fixación da toponimia, o decreto polo que se aproba o nomenclator ou mesmas sentenzas xudiciais.
A Mesa explicou que conta cun servizo gratuíto para tramitar queixas ante a vulneración dos dereitos lingüísticos, así como para felicitar a quen dos pasos cara á garantía do dereito a vivir en galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.