Galicia, unha das campionas dos contratos temporais no Estado

O 47,7% dos contratos indefinidos en Galicia procede dun temporal. Están nove puntos por riba da media do Estado.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 05/02/2020 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

O 47,7% dos contratos indefinidos en Galicia procede dun temporal, o que supón nove puntos por encima da media estatal (do 38,7%), segundo un estudo realizado por Randstad a partir de datos do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).

Durante 2019 un total de 43.186 contratos pasaron de temporais a indefinidos en Galicia, o que supón un incremento de dúas décimas respecto de 2018, cando foron 43.101.

En 2007, o primeiro ano do estudo, esta porcentaxe alcanzou a súa cifra máis alta en Galicia (49,7%). Desde entón houbo unha regresión ata a cifra máis baixa, en 2014 (35,7%), cando volveu remontar, pois en 2019 alcanzou a segunda cifra máis elevada.

A nivel provincial, a maior taxa de ocupación tivo lugar en Pontevedra (49,7%), seguida de Ourense (48,8%), A Coruña (46,8%) e Lugo (44,9%).

CUARTA TAXA MÁIS ELEVADA

A de Galicia é a cuarta taxa máis elevada entre comunidades, só superada por Andalucía (49,8%), Cantabria (49,4%) e Canarias (47,8%). Séguenlle Asturias (46,4%), Estremadura (46,3%), Navarra (45,3%), Comunidade Valenciana e Castela e León (45,2%).

Muller traballando PLATAFORMA EN DEFENSA DAS TRABALLADORAS
Muller traballando PLATAFORMA EN DEFENSA DAS TRABALLADORAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta