Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/02/2020 | Actualizada ás 12:51
O presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón (PSOE), confirmou este mércores as conversacións coa Xunta para facer fronte común na crise da enerxía e presentar alegacións ao estatuto eletrointensivo. O pasado luns, o máximo mandatario galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que se producirían estes contactos, nos que traballan para presentar alegacións que permitan, como digo o dirixente asturiano, as máximas exencións posibles e incentivos.
Durante a sesión plenaria deste mércores, e tras ser preguntado pola portavoz do PP Teresa Mallada sobre como vai afectar este estatuto, Barbón asegurou que está "a traballar" xunto á Xunta de Galicia, "compartindo información" para que as alegacións sexan positivas para ambos os territorios, a piques de expirar o prazo de exposición pública.
O estatuto, insistiu Barbón, é "un paso adiante" que "achega seguridade xurídica", aínda que é necesario "complementalo" a través dunhas alegacións que correspondan aos intereses da industria electrointensiva.
Á portavoz 'popular' recriminoulle que aínda non fixese "ningunha proposta máis aló de buscar titulares". "Esperaba do PP que fagan algunha achega ao estatuto", lamentou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.