Abandono e desinterese; o estado dos xulgados galegos ante a falta de investimentos da Xunta

Sindicatos e funcionarios xudiciais seguen denunciando o "lamentable" estado das instalacións xudiciais en diversos puntos de Galicia. Humidades, arquivos corrompéndose, tirados nos corredores... son parte das denuncias de membros do colectivo de funcionarios e funcionarias da Xunta tal e como se pode ver nesta reportaxe fotográfica. Desde o Goberno galego din que xa están actuando.

Por Moncho Mariño | Santiago de Compostela | 02/03/2020 | Actualizada ás 22:40

Comparte esta noticia

"No arquivo de Ortigueira, que está nun segundo andar, o chan é de cemento e as paredes cos ladrillos ao aire" din desde Alternativas da Xustiza, sindicato de funcionarios de xustiza en Galicia. "Tamén hai documentos xudiciais dos anos 30 e 40 que non foron trasladados aos xulgados de Ferrol, que era onde tiñan que estar".

Xulgados de Tui/ADX Situación dos xulgagdos de Tui/ADX
Xulgados de Tui/ADX Situación dos xulgagdos de Tui/ADX

Desde este sindicato tamén denuncian que "existen xulgados de primeira e de segunda". O motivo é que " en Ourense e Coruña hai arquiveiros que son as persoas especializadas en levar esa parte do xulgado". E iso que significa? "Que nos outros xulgados son funcionarios que non están preparados para realizar estas tarefas". Por outra parte, tamén denuncian que os corpos de auxilio xudicial (entre eles os arquiveiros) "mermaron un 50%".

O caso dos xulgados de Ferrol é salientable por "rotura dun lucernario no teito durante a última borrasca". Unha parte dese lucernario foi arrincada polo vento. A auga caeu dentro do edificio provoncando mesmo o anegamento de partes do mesmo. A reparación, o mesmo día da rotura, foi feita por obrerios "con risco para eles, sen respectar a seguridade laboral". Colocouse "un madeiro e unhas lonas que logo crearon unha bolsa de auga que reventou volvendo inundar o edificio". A reparación do lucernario comezou o pasado 27 de xaneiro.

En Tui, a humidade está deixando os arquivos en mal estado. Unha funcionaria colocou unha estufa para rebaixar a humidade. Ademais de que ela mesma colocou e reordenou esa parte do xulgado. En Viveiro, a sala para vítimas de xénero non reúne as características dun espazo pensado como tal.

En Vigo, "mentres non haxa uso de papel cero, haberá arquivos nos corredores dos xulgados". Ademais, as novas instalacións, que consistiron en restaurar o antigo hospital xeral, aumentaron o seu orzamento final por eliminación de amianto, reparación de alicerces e melloras estruturais.


RESPOSTA DA XUNTA

A Vicepresidencia da Xunta, órgano que ten as competencias para o material e instalacións de xustiza en Galicia, respondeu ás preguntas de Galicia Confidencial mediante un email onde detallaba os movementos feitos nalgúns xulgados.

No caso do Arquivo de Tui, estanse trasladando a parte do arquivo máis moderna ao novo edificio. Os documentos máis antigos permanecerán non edificio antigo para seren ordenados. En Viveiro, parte do arquivo trasladarase a unha zona do mesmo edificio que foi cedida polo Concello. Para os xulgados de primeira instancia e instruccións n 2 hai un contrato en execución que se incluirá nunha futura Xunta de Expurgo.

En Ferrol, a Xunta está esperando que os xulgados do social n 1 e n 2 relacionen o contido dos arquivadores que levará unha empresa. No xulgado de instancia n 2 hai un contrato en execución. No penal n1 de Vigo retiráronse máis de 1.000 caixas de arquivo e os funcionarios están elaborando relacións de arquivos para expurgar.



Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 expaña e ruina

imos ver... clarexando o horizonte de sucesos: creo que en expaña se gasta mais en futbol que na xustiza... esta claro onde estamos!