O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, considerou como "unha nova marxinación" á cidade o anuncio da Xunta de reclamar 12 novas unidades xudiciais para toda Galicia sen incluír entre elas un xulgado específico de violencia de xénero para Lugo.
Netfilx estrea 'El Caso Asunta', dende que Basterra e Porto denuncian a desaparición da súa filla ata o momento en que son xulgados.
A Policía Nacional rexistrou a vivenda na que se iniciou a discusión que derivou no apuñalamento mortal rexistrado o venres e descubriu unha plantación de marihuana no seu interior.
  comenta   0
A maxistrada instrutora estimou proceder contra Baltar ao entender que, aínda aplicando a marxe de erro do 5 % que establece a normativa sobre o resultado do radar, a cifra alcanzaría os 204 quilómetros por hora nun tramo no que a velocidade máxima permitida era de 120 quilómetros por hora, o que ao seu xuízo encaixa nun delito contra a seguridade viaria.
  comenta   0
Esta doenza "vén provocada polos traballos realizados a diario levantando os brazos por encima do ombreiro para colocar ou recoller as pezas nos estantes, tanto en tenda como en almacén"
  comenta   0
A CIG Servizos cualificou o despedimento dun "claro exemplo de represalia polo mero feito de reclamar os seus dereitos".
  comenta   0
Un deles, de nacionalidade española, levou a unha das mulleres a unha habitación, onde a empuxou con forza e tirouna na cama. Tras iso, púxoselle encima, apertoulle o pescozo para neutralizar a súa defensa e penetrouna vaxinalmente. O outro dos acusados, nacido en Honduras, avalanzouse sobre a outra muller no sofá do salón, onde lle subiu o vestido e, tras varios tocamentos, introduciulle o pene na vaxina.
A Fundación Galega contra o Narcotráfico entregou onte en Vilagarcía os seus premios anuais. O seu presidente, Manuel Couceiro, lembrou aos políticos presentes que "o narcotráfico ten que entrar na axenda política, hai que poñerllo máis difícil ao narcotraficante e ter unha discriminación positiva coa persoa adicta".
  comenta   0
No fallo vincúlase directamente o despedimento coa actividade sindical do traballador tanto dentro da compañía como no sector
  comenta   0
Os achegados da desaparecida denuncian que as dilixencias practicadas foron "insuficientes". A resolución é firme e non cabe recurso algún.
  comenta   0
Segundo información facilitada polo TSXG, reclámase a creación dun xulgado de violencia sobre a muller en Santiago, e xulgados adicionais de Primeira Instancia en Ourense, Vigo e Pontevedra
  comenta   0
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, lembrou que "as campañas recorrentes contra a toponimia galega son un ataque á dignidade colectiva que non se pode admitir"
  comenta   0
Case un 25% das denuncias non son das vítimas, senón de atestados policiais, partes de lesións ou o entorno das afectadas. Aumenta o número de mulleres que tras unha denuncia, non quere declarar.
  comenta   0
Asegurou este xoves que o autor da agresión non foi el, se non outro home que desempeñaba labores de seguridade no local de forma irregular. Dixo que non o delatou ata agora porque o dono da discoteca pediulles que non dixesen nada acerca del.
  comenta   0
En concreto, Rego cre que se poden "facer as modificacións necesarias" para levar a cabo as cuestións recollidas no acordo de investidura entre o Bloque e o PSOE para 2024, que entre outros puntos pasan por impulsar as proximidades ferroviarias, bonificacións na AP-9 e a AP-53, estudos para modernizar a liña ferroviaria ou a creación de tres xulgados de violencia machista en Galicia.
  comenta   0
O grupo parlamentario de Junts expuxo no Congreso un cambio legal para poder utilizar o catalán e as demais linguas cooficiais nos órganos xudiciais con xurisdición en todo o Estado, como a Audiencia nacional e o Tribunal Supremo.
  comenta   0
A Policía Autonómica prestou vixilancia e protección a 584 mulleres vítimas de violencia de xénero nas distintas xefaturas da unidade en Galicia ao longo de 2023 e detivo a 11 persoas, segundo o informe do ano elaborado polo corpo policial.
  comenta   0