Por E.P. | OURENSE | 27/04/2024 | Actualizada ás 16:54
A Garda Civil detivo a unha muller acusada de cometer tres furtos nun centro comercial de Ourense durante un período de seis días.
Segundo informou o Insituto Armado este sábado, os roubos foron denunciados polo responsable dunha tenda de informática do centro Comercial da Valenzá que se decatou da falta duns altofalantes da liña de venda en tres días distintos.
Os axentes lograron identificar á responsable destes feitos, que manipulaba a alarma colocada na caixa dos obxectos para gardalos nunha mochila e saír do establecemento sen que fosen detectados polos arcos de seguridade.
En total, os furtos cometidos por esta ourensá ascenden a un valor de 500 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.