Feijóo recoñece que ten 500.000 máscaras en depósito a pesar da falta de material que denuncian os sanitarios

“Tiñamos moitísimas en stok”, recoñece, igual que gafas de protección. Asegura que o Sergas pode aguantar dúas semanas máis pero que a Xunta tamén ten que cubrir as peticións doutros organismos, como a Fegamp. Recoñece que en Madrid a situación “é dramática”, pero aposta porque cada autonomía compre o seu propio material e non sexa distribuído polo Goberno central.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/03/2020 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu este domingo que o Sergas ten medio millóns de máscaras en depósito e que pode aguantar a actividade nos distintos hospitais, polo menos, dúas semanas máis. Un material que, con todo, non chega a determinados servizos sanitarios, entre eles os das ambulancias, que se queixan de que están traballando baixo mínimos.

Máscaras á venda nunha farmacia
Máscaras á venda nunha farmacia | Fonte: Europa Press

Nunha rolda de prensa virtual, Feijóo dixo que toda a cadea sanitaria do Sergas consume 250.000 máscaras. “Desde comezos de marzo só recibimos do Goberno central un total de 27.000 unidades, 10.000 só desde o Estado de Alerta”, dixo para criticar que o Goberno central non envíe material a Galicia.

Tiñamos moitísimas en stock e aínda temos máis de medio millóns a disposición dos hospitais. Distribuímos este domingo 15.000 a centros da terceira idade e se recibiramos máis de Madrid teríamos un problema menos e só nos centrariamos en atopar respiradores e test rápidos”, indicou. Así, insistiu en que o Sergas tiña “depósitos bastante surtidos” na súa plataforma loxística e que “isto dá para dúas semanas”, pero indicou que “temos que axudar á FEGAMP”.

COMPETENCIA ENTRE AUTONOMÍAS

Por outra banda, o presidente galego dixo que ordenou ao Sergas comprar material pola súa conta, a pesar da orde do Goberno central para centralizar esta compra e evitar que algunhas autonomías, como Madrid, queden desabastecidas. “Falamos diso na xuntanza que tivemos co presidente pero non quedou claro esta instrución e se esa instrución queda sen efecto ou non. Eu entendín que si. E temos xa encargos de 8 millóns de máscaras”, dixo sobre a videoconfeencia de presidentes que tivo lugar este domingo.

Por iso, e preguntado sobre as prioridades do Executivo central á hora de redistribuír ese Material, Feijóo recoñeceu que hai lugares, como Madrid, máis vulnerables. “A situación en Madrid é dramática e hai que priorizar, pero en situacións graves con Galicia non podemos parar a actividade asistencial”, limitouse a responder para defender que Galicia merque o seu propio material.

Ademais das oito millón de máscaras encargadas, “que por precaución non vou dicir á data na que chegarán”, indicou, a Xunta pediu tamén “113 ventiladores para UCI e 134 ventiladores para cubrir as previsións das vindeiras semanas”. “Faltan batas e traxes. Temos gafas de protección aínda que imos comprar 2.000 e tamén ventiladores, pero esperamos tamén poder fabricar aquí”, indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

9 Liberados a traballar

Sábese algo acerca de que os liberados sindicais do SERGAS fosen a traballar aos hospitais?

8 Xesús Ateo Recalcitrante

Feijóo é un verdadeiro caradura. Acusa a outros da súa incompetencia. ...Ou cabe a posibilidade de que sexa tan aforrador que poña en perigo a saúde dos pprofesionais e das profesionais sanitarias para non ter que gastar en máscaras. Despois de desmontar a sanidade pública deixándoa sen medios, persoal e prazas agora parece dedicarse a que o pouco persoal que deixou nos hospitais póñase enfermo. Iso si, despois de fastidialos ben fastidiados, en cada intervención pública enche de felicitacións e loubanzas aos sanitarios. O que antes dixen: un sen vergoña.

1 Gamela

Aínda o descubres agora? Feijoo coma tódolos demáis falan da feira como lles vai nela ! https://twitter.com/00Gamela/status... Pero aquí seica todo o mundo gústalles facer RT aos tuits que poden chegar a TT ! Un millón de moscas non poden estar equivocadas (come "merda") !

7 Gamela

E mentras soportamos este Estado Policial que tal se imos facendo propostas en positivo !!! https://twitter.com/ilpRentaBasica/... Ata De Guindos BCE quere unha Renta Básica ??? Agora é o momento de empuxar !!!

6 antón de guizán

5 Rente

Dispón de material suficiente o paritorio de Verín?