O portal 'Afundación en casa' alcanza as 130.000 visitas nun mes

O portal proporciona "contidos en directo e actualizacións permanentes", con seis novas propostas cada día durante este tempo de confinamento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2020 | Actualizada ás 16:33

Comparte esta noticia

O portal web 'Afundación en casa', posto en marcha pola Obra Social de Abanca con iniciativas para pasar este confinamento, alcanzou as 130.000 visitas no seu primeiro mes de implantación, sumando 32.000 seguidores nas súas propostas en directo.

Desde casa, explicou a entidade, Afundación traballa para "proporcionar contidos en directo e actualizacións permanentes", con seis novas propostas cada día, sumando máis de 300 recursos que replican os contidos habituais das súas áreas estratéxicas.

Trátase dunha "plataforma interactiva e dinámica cuxo obxectivo é acompañar a sociedade no seu deber de permanecer en casa, ofrecendo múltiples opcións mediante as que continuar formándose e crecendo dunha maneira accesible e segura".

O portal inclúe, ademais, unha sección de acompañamento, froito da colaboración entre as áreas de Envellecemento Activo e Voluntariado, coa plataforma '+60, acompañámoste' e o teléfono gratuíto 900 815 020. O servizo, atendido polo equipo de profesionais da área de Envellecemento Activo de Afundación, trata de dar respostas ás dúbidas xurdidas pola actual situación no colectivo de maiores e manter unha vía de contacto con eles.

EDUCACIÓN E CULTURA

En 'Afundación en casa' impúlsase tamén o proxecto 'Abanca e IESIDE asesoran', no que participan profesores de prestixio no ámbito académico estatal e internacional, quen imparten semanalmente sesións virtuais gratuítas en directo a través de conferencias, presentacións e entrevistas. Os contidos abordan diferentes ámbitos de interese xeral e profesional, vinculados ao contexto provocado pola COVID-19.

Tamén estarán dispoñibles os recursos de IESIDE como masterclasses, conferencias ou foros, así como o acceso a unha biblioteca en liña onde se poderá atopar un gran número de publicacións dixitalizadas dos ámbitos económico e financeiro.

Paralelamente, en 'Educación en casa', preséntanse, entre outras, novas conferencias do ciclo Educación Século XXI, que poden seguirse en directo ou acceder a elas posteriormente no propio portal, así como talleres de ciencia, de arte ou de cociña, e recursos didácticos.

Finalmente, na área de 'Cultura en casa' pódese gozar en directo de recitais de poesía, concertos, contacontos, conferencias e charlas de expertos en cinema ou en arte, analizando diferentes obras das Coleccións Afundación e Abanca, así como realizar visitas virtuais aos proxectos expositivos.

Teresa Adrán no programa Afundación en Casa.
Teresa Adrán no programa Afundación en Casa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta