Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2020 | Actualizada ás 14:08
EFE | A Garda Civil localizou o corpo sen vida dun taxista de 49 anos no seu domicilio do concello coruñés de Arteixo, que se atopaba momificado, ao levar falecido 18 meses aproximadamente, informaron este sábado a Efe fontes do instituto armado.
O home, de orixe siria, atopábase na cama da súa vivenda, situada no lugar de Meicende, cando foi achado por unha patrulla da Garda Civil esta semana.
Segundo indica a mesma fonte, foi unha veciña a que chamou ao corpo para alertar de que desde facía un tempo saía un forte cheiro da casa e recentemente “atoparan vermes que saían por baixo da porta”.
Ademais, a Garda Civil puntualiza que o cadáver se atopaba “en estado de momificación” e que levaba sen vida “18 meses aproximadamente”.
A patrulla entrou no domicilio coa axuda dos efectivos de Protección Civil da localidade e os Bombeiros de Arteixo. As causas da súa morte descoñécense ata obterse o resultado da autopsia
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.