Feijóo dá marcha atrás, non abrirá as garderías, e critica ao Goberno central por non ter un protocolo

Tenta paliar a marcha atrás co anuncio dun paquete de axudas para os pais que teñan que contratar a asistentes para quedar cos fillos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2020 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deu, finalmente, marcha atrás na súa idea de reabrir as garderías, como anunciara hai un mes e confirmou que as escolas infantís de entre 0 e 3 anos non reabrirán ata o curso que vén --do mesmo xeito que os centros de día e ocupacionais--.  E para paliar esta decisión, anunciou unh paquete de medidas de conciliación dotado de 40 millóns de euros.

Sala dunha gardaría. Foto de arquivo.. CONCELLO
Sala dunha gardaría. Foto de arquivo.. CONCELLO | Fonte: Europa Press

Hai un mes, o presidente galego criticaba duramente ao goberno por permitir a apertura das garderías e deixar en mans dos pais esa decisión e anunciaba a súa intención de abrilas en Galicia. Pero, tras consultar os expertos, o presidente galego deu marcha atrás na súa decisión. Con todo, e preguntado por Galicia Confidencial, se non considera que se equivocou, botou balóns fóra e volveu criticar ao goberno central por non ter regulado esta materia que depende dos gobernos autonómicos.

Con todo, e para paliar os efectos desta marcha atrás e favorecer a "reincorporación" dos pais aos seus empregos tras o pico da pandemia, o xefe do Executivo anunciou un paquete de medidas de conciliación dotado de 40 millóns de euros. Este paquete inclúe un 'bono coidado' extraordinario que a Xunta aspira a que chegue a 36.000 familias e que permitirá contar cunha axuda mensual de 500 euros ata que en setembro reábranse os centros. Entre os requisitos para acceder ao mesmo, os proxenitores deberán traballar fóra de casa e os ingresos non poderán superar os 806 euros por cada membro da unidade familiar.

MESMOS ARGUMENTOS QUE O GOBERNO CENTRAL

Feijóo xustificou a súa medida tras consultar coa comunidade pediátrica e médica. e dixo que "había discrepancias entre os pediatras" e a que é "imposible" manter a distancia física nestes colectivos, polo que habería máis riscos na apertura. Os mesmos argumentos que utilizou o Goberno central no seu día para non reabrir as garderías.

"O que critiquei é que non houbera protocolos. Que si houbera para bares, terrazas, actividades deportivas, mobilidade e non un protocolo para todo o sistema educativo", dixo en resposta a Galicia Confidencial. Con todo, as competencias educativas son das comunidades autóonomos.

"Non estivemos acertados como país cando non quixemos establecer procolos educativos e agora entendemos que ante a dúbida, o mellor é a prudencia", xustificou a súa marcha atrás que tentou ocultar cun novo paquete de axudas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta