Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/06/2020 | Actualizada ás 15:19
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, afirmou este luns que "existen indicios racionais" de que o incendio rexistrado no vertedoiro de Miramontes hai unha semana foi "intencionado".
O rexedor sinalou que existía información "desde o primeiro momento" que apuntaba á súa intencionalidade, dadas algunhas características "estrañas".
Entre elas mencionou a hora de inicio, pasadas as cinco da mañá, e que foi "un incendio superficial", mentres que os causados por bolsas de gas adoitan ser "máis profundos".
"Que existían elementos sospeitosos estaba corroborado desde o minuto un, o que non temos é nin a máis remota idea de quen o puido provocar ou con que intencións", dixo o alcalde, que deixou iso para a "administración de xustiza", que investiga os feitos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.