Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2020 | Actualizada ás 13:33
O home responsable da fusión da banca galega e as prexubilacións millonarias pasará a formar parte do consello de administración de Greenalia. Farao logo de mercar o 5% da compañía con sede en A Coruña, especializada en enerxías renovables, por uns 12 millóns de euros.
O directo da enerxética, Manuel García, destacou o "orgullo" que supón contar co home sinalado por Feijoó para liderar a fusión das antigas caixas galegas en Novagalicia Banco, hoxe Abanca.
Castellano, que adquire este 5% a través da sociedade Nakadama S.L, conta cunha longa carreira empresarial non exenta de polémica. Foi vicepresidente de Inditex e de La Voz de Galicia, así como presidente da compañía telefónica ONO -ata a súa compra por Vodafone en 2014-.
Porén, é máis coñecido polo seu papel na conformación de Abanca en 2011, trala cal despediu a varios exdirectivos de Caixanova con indemnizacións millonarias, á marxe de adxudicarse un salario de case un millón de euros -que logo tivo que reducir por lei- cando a empresa estaba intervida polo Estado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.