Feijóo responde aos interinos: "Somos a autonomía con máis estabilidade laboral e menos interinos"

Volve acusar ao Goberno central e aos sindicatos de fomentar a inestabilidade laboral neste sector.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/06/2020 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

"Somos das comunidades con máis estabilidade no emprego público emenos interinos". Esta foi a resposta do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo á Plataforma de Empregados Temporais das Administracións Públicas de Galicia, Plategal, que denunciou, nunha entrevista en Galicia Confidencial, casos de persoas con décadas de interinidade. Unha práctica que sería fraude de lei segundo as normativas tanto da UE, estatais e autonómicas e na que están máis de 20.000 persoas en Galicia.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Preguntado sobre esta entrevista por este medio, Feijóo dixo que el sempre é partidario de que "se saquen as prazas a concurso oposición" e, suliñou, que Galicia, é unha das autonomías con "máis estabilidade laboral" do persoal funcionario.

Con todo, volveu acusar ao Goberno central e aos sindicatos de fomentar a inestabilidade laboral neste sector. "Nós queriamos celebrar os exames da OPE de educación, a maior parte das centrais sindicais non querían e tomamos a decisión de non celebrar os exames", esgrimiu.

"E queremos que o Goberno nos autorice a OPE de sanidade sen ningún tipo de taxa de reposición, imos ver se o conseguimos e sacaremos 3.000 vacantes. Estou a favor de que a xente que leva meses ou anos na Administración pública teña un exame para concurso oposición no prazo máis breve posible. Se as normas e a lexislación básica do Estado nolo permiten, así será", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Pablo Fernández Lois

Temporais que non poden facer proxectos de vida (fillos, relacions, casa...) durante anos porque en calquera momento vas para a rúa. O único que temos estable, señor Feijoo, é a incertidume.

4 Manuel..

Ningún interino debería botar máis de DEZ anos en tal situación. Se non foi capaz de aprobar meses tempo, debería ser borrado das listas de contratación, pois está claro que non vale pa ese plato de traballo.

3 Indignado Pérez

La jurisprudencia del TS señala que el cese de personal laboral indefinido no fijo en procesos para funcionarios es despido improcedente o nulo. A pesar de esto, la Xunta, con el apoyo de los sindicatos, ofrece cientos de plazas en estas condiciones. Esto implicará el pago de indemnizaciones millonarias por despido improcedente o la readmisión de los trabajadores y pago de los salarios de tramitación. A la Xunta le da exactamente igual saltarse la jurisprudencia de TS ya que todo esto lo paga con dinero público. Además todos estos trabajadores están contratados en fraude de ley por abuso de la temporalidad según la Directiva 1999/70; abuso que habrá que sancionar de forma disuasoria a mayores de lo que corresponda por el cese.

2 Óscar Calvo Vice Plategal

Sr. Alberto Núñez Feijoo, lo hago públicamente aquí y en los próximos días solicitaremos por registro una reunión con Vd. para explicarle lo que es el fraude de ley y la situación de la temporalidad de laadministración que dirige. Tanto en laborales, como funcionarios.

1 Fátima(presidenta Plategal)

Sr. Feijoó, máis estabilidade e menos interinos?Que pelicula nos a contar esta vez? E infórmese un pouco ou lea ben a entrevista de Plategal: temporales: funcionarios mais laborals.