Folga indefinida do servizo de prevención de incendios ante a parálise das negociacións coa Xunta

Os técnicos forestais dependentes da Consellería do Medio Rural fixan o inicio da folga no día 1 dun dos meses con maior risco para os montes.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2020 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

Os técnicos de prevención de incendios dependentes da Consellería do Medio Rural da Xunta anuncian que irán á folga logo do resultado insatisfactorio das negociacións sostidas coa Xunta. En palabras dos representantes sindicais que amparan a folga -CIG, CCOO, CSIG e UGT-, a decisión de deter as actividades de prevención no mes considerado entre os de máis risco para os incendios forestais chega logo do "nulo avance" das peticións efectuadas ó goberno autonómico.

Imaxe de arquivo dun incendio en Rianxo o 26 de marzo de 2019.. EUROPA PRESS - Arquivo
Imaxe de arquivo dun incendio en Rianxo o 26 de marzo de 2019.. EUROPA PRESS - Arquivo

Traballadores e sindicatos afean ó executivo de Núñez Feijóo a súa inacción á hora de acadar un novo marco regulatorio para as condicións laborais do sector segundo o demandado polos cadros de persoal. As principais demandes destes oriéntanse á redución do número de horas laborais por ano (actualmente "supera" as 2.000, aseguran), establecer descansos compensatorios para os días traballados e garantir 15 xornadas de vacacións no verán.

Á parte, esixen rematar coa "dispoñibilidade absoluta" dos xefes de distrito establecendo un segundo responsable. Esta demanda discorre paralela á esixencia sostida polos bombeiros dependentes do Concello de Vigo e que foi finalmente atendida polo TSXG, que tumbou o decreto municipal que permitía que foran sometidos a "garda inhumanas", segundo as súas propias palabras.

A folga de técnicos de prevención forestal, convocada ao abeiro de CIG, CCOO, CSIG E UGT, ten previsto dar comezo o día 1 de agosto ás 00:00 horas, no mes xeralmente considerado no cerne da campaña contra os incendios que cada verán asolagan Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta