Sindicatos insisten en que a privatización "afecta negativamente o emprego" e a externalización de espazos informativos aos dereitos fundamentais.
  comenta   0
En palabras do portavoz da CIG neste conflito, Miguel Tizón, os traballadores destas catro entidades sentense "esquecidos" e "ignorados" por parte da Xunta tras un ano pedindo que se inicie o diálogo para ter ese convenio único.
Reclama un incremento do 5 % para 2025, ademais de "unha cláusula de garantía salarial ligada ao IPC e blindada por lei", que debe ir ligada a acordos salariais anuais e plurianuais para evitar a conxelación salarial.
  comenta   0
Durante a última concentración, os traballadores emularon a emisión dun boletín informativo no que dúas locutoras reproduciron "literalmente" noticias emitidas nos últimos meses en Radio Galega "co seu habitual e delirante rumbo manipulador".
  comenta   0
Neste encontro, o conselleiro anuncioulles que se incluiría o acordo de redución de cocientes e horarios asinado en outubro de 2023 na lei de acompañamento aos orzamentos do ano 2025. O acordo de 2023 inclúe, á súa vez, a aplicación dun previo que data xa do ano 2009 e que ata o momento non se estaba despregando na súa totalidade.
  comenta   0
As condicións finais propostas pola compañía para resolver as negociacións do ERE inclúen unha redución da afectación do mesmo ata os 650 traballadores, fronte aos 795 despedimentos expostos nun primeiro momento.
  comenta   0
A Federación Galega de Alimentación, Mar, Transportes, Téxtil e Telecomunicacións da CIG reprocha que lancen convocatorias de "supostas folgas a través dos medios", pero agrega que "non hai ningún tipo de información real e concreta sobre esta convocatoria e os puntos de reivindicación nos centros de traballo".
  comenta   0
Garantiu que se cumprirá o acordo de Goberno para que a 31 de decembro de 2025 "toda a poboación asalariada española, cunha afectación de máis de 12 millóns de persoas traballadoras, vexa reducida a súa xornada en dúas horas e media".
  comenta   0
Representantes da CIG denunciaron que "nunca nos pasou, tanta falta de profesorado xeneralizado". Tamén haberá protestas en Vigo pola falta de atención a nenos con necesidades especiais tras a redución horaria dos docentes.
  comenta   0
Os presidentes da CEG e de UGT FICA trasladaron o medo das empresas á xudicialización dos proxectos que se está vivindo, por exemplo, no sector eólico.
Son 2.314 persoas máis nas listas de desemprego en setembro tras a fin da tempada turística. A Seguridade Social perdeu en Galicia unha media de 7.040 cotizantes.
  comenta   0
Nunha carta remitida aos sindicatos, CC.OO. explicou que o sector afronta unha situación difícil "polo que pode ser o fracaso de Europa pola aposta do vehículo eléctrico" e polas políticas dos fabricantes, "onde só se teñen en conta os custos dos compoñentes e non a súa responsabilidade social empresarial coa comarca e os seus cidadáns".
Estas paradas únense ás incontables anunciadas pola factoría olívica nos últimos anos debido a problemas na subministración de certas pezas necesarias para os seus vehículos. Este mesmo mes de setembro producíronse varios paróns por circunstancias parecidas.
Non a apoian os grandes sindicatos; CIG, UGT e CC.OO, mentres que conta co respaldo de CGT Galiza, Solidariedade Obreira Galiza, CNT Galiza, a Asemblea Internacionalista de Compostela e a Rede Galega pola Palestina.
  comenta   0
A baixada da natalidade en Galicia faise patente: 48.467 nenos (-1.662) cursarán Infantil, 126.531 (-2.368) farán Primaria e outros 97.680 alumnos (-338) a ESO.
  comenta   0
Os sindicatos lembraron que as principais reivindicacións "seguen sendo", o incremento salarial, a equiparación salarial entre o persoal de naves e o administrativo, así como a redución da xornada de seis días á semana, é dicir, sábados incluídos.
  comenta   0
As pensións de retiro ou xubilación están en risco segundo os movementos de pensionistas e outros colectivos sociais. O novo acordo para a reforma das pensións asinouse a tres bandas aínda que para moitos o acordo non representa a realidade que viven moitos e moitas pensionistas. Denuncian falta transparencia e diálogo por non asinar o acordo cos pensionistas, primeiros afectados de esta reforma
  comenta   0
As vagas de calor continuadas fan que algúns sectores laborais estean máis expostos á sinistralidade laboral. O Goberno central quixo frear o risco que levaba traballar en horas centrais do día con temperaturas moi elevadas. Aínda así, as forzas sindicais denuncian que non se están cumprindo normativas en seguridade laboral e sectores como os estaleiros e outros que implican unha forte carga de estrés térmico para os e as traballadoras
  comenta   0
O sindicato UGT chama a "abrir o debate" e propón medidas para abordar a desigualdade e mellorar a distribución do tempo de traballo.
  comenta   0
Un informe de UGT-Galicia destaca que está entreos catro territorios coa taxa de actividade xuvenil máis baixa do Estado.
  comenta   0
"Os membros da mesa negociadora, composta polos sindicatos CSIF, CIG, UGT e CC.OO., non ven unha posible saída ás propostas da empresa, que se atopan en universos distintos e non recolle as demandas e necesidades do persoal, nunha empresa con beneficios millonarios", criticou CSIF.
  comenta   0
Esta situación supón de novo, sinalaron, que se incrementan os tempos de resposta ante calquera incidencia e ponse en risco a seguridade en caso de ter que atender máis dunha incidencia simultaneamente.
A Consellería de Sanidade avanzou que licitará os contratos de transporte sanitario non urxente "no prazo máis breve de tempo posible".
  comenta   0
Nun comunicado, UGT apunta a "un seguimento do 100%, excepto os servizos mínimos acordados en Mina Sonia (Mañón) e Serrabal (entre Vedra e Boqueixón)", así como "o non acordados e impostos pola empresa en Sabón (Arteixo, A Coruña)"
  comenta   0
En concreto, referíronse a certos aspectos que supuxeron un "recorte de dereitos" para os empregados, como que o goce de días libres ou vacacións está condicionado agora pola "falta de contratación", quedando así "practicamente a libre disposición da empresa".
UGT FICA denuncia que co incremento que van percibir dous dos directivos de FerroAtlántica, "podería cubrirse o custo do incremento de todas as persoas traballadoras do grupo".
  comenta   0