A saúde, a primeira gran vítima da vitora de Feijóo

A plataforma en defensa do centro de saúde de Touro anuncia que renuncia a continuar as protestas e reivindicacións por unha sanidade pública tras comprobar o apoio masivo do veciños dete concello a Feijóo.

Por Galicia Confidencial | Touro | 13/07/2020 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

"No último ano fixemos o imposible para que os nenos deste concello volvesen a ter un servicio pediátrico digno e unha atención primaria de calidade para todos os nosos veciños. Puxemos do noso tempo e da nosa paciencia, coa única finalidade de ter un servizo que nos pertence polo feito de ser cidadáns". Así comeza a plataforma en defensa do centro de saúde de Touro un comunicado no que anuncia a fin das súas reivindicacións

Centro de Saúde
Centro de Saúde | Fonte: EP

Faino un día despois da vitoria incontestable de Feijóo nas urnas e logo de que a maior parte dos veciños dese concello teñan votado polo PP, a pesar de ter "recompensas como o apoio recibido por unha parte dos veciños". É por isto que temos que agradecerlle a esa xente que nos apoiou e animou por entender os nosos motivos para liderar unhas reivindicacións que deberían ser compartidas polo totalidade da veciñanza, un obxectivo que non conseguimos", indican.

Os integrantes da plataforma lembran que, durante todo este tempo, fixeron un "gran sacrificio" e  quitaronlle tempo as parellas, fillos e ocupacións laborais para poder defender o dereito á saúde. E todo, suliñan, por defender a sanidade pública e loitar contra os recortes do Goberno de Feijóo.

"Defendemos o que consideramos xusto, pero entendemos que é o momento de apartarnos porque as nosas reivindicacións non son compartidas pola maioría dos nosos veciños. Onte os veciños  falaron onde o tiñan que facer: nas urnas. E o resultado é claro, as políticas sanitarias de recortes que padecemos neste concello saíron reforzadas", apunta a plataforma. Por iso, suliña que non tería sentido "seguir indo contracorrente" cando os veciños están a favor da xestión que se está facendo do centro de saúde e na atención primaria en xeral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 Román

Que pena de que no espavila la gente , viendo lo que están haciendo el pp en Galiza con la sanidad ,, todavía le siguen votando ,, soy galego (vivo en el país vasco),,, y me gustaría que mis paisanos espabilaran un poco , que abrieran los ojos ,,

5 Xusto

Entendo a postura desta plataforma. O mesmo pasou en Verín, en Vigo, ... nas residencias de maiores, no ensino, en Alcoa..... Mais non debemos darnos por vencid@s!! Non podemos deixar esmorrecer o País!!

4 Moine

Nengum povo é inocente da sua historia. Se muitos dos galegos e galegas nom querem defender aos seus filhos e netos é problema de eles, por isso votam ao PP; sabem de sobra que condenam aos seus familiares ao emigraçom. Agora bem, outros serám funcionários, desde guarda civis até juízes, Madrid é o maior empregador de galegos, por isso votam espanhol e nom galego.

3 ollo!!!

Aiquí xa somos todos maiores de idade. Hai unha cantidade de xente moi grande que lle da igual o que pase que votará pp ainda lle marchen os fillos e os netos coa emigración, esa xente é irremediable, non paga a pena perder o tempo. A cuestión é o outra enorme cantidade de xente que si quere ter unha alternativa real, centrada, social, galeguista e de futuro, faría outra vez moi mal o bng en pensar que os 19 son seus e non prestados de moita xente que quere dunha vez unha alternativa. O psdg millor que axude deixando paso a outro partido galeguista de progreso e disolva o reino de taifas que é.

2 Manuel..

Estou seguro que os veciños siguen apoiando a plataforma na súa defensa da sanidade pública. Eso non quere decir que a cambio voten polos teus. O que din é que non instrumentalices a sanidade. Xa ten problemas dabondo sin que veñan os políticos a remexer nela. ANIMO!!!.

1 Ailalelo

a sanidade pública deféndese dende a polìtica,furabolos, de que furado saes??

2 Vendomoto

Moi ben. Que miren de contratar algún bufete de avogados ou mesmo algunha mafia balcana que lles miren polo seu.

3 Eu_que_sei

Digo eu que se votas por un partido que leva gobernando Galicia os últimos 11 anos será porque estás de de acordo co que fixo e fai, coas decisións que toma, tanto na sanidade pública como nos outros ámbitos en que ten competencia. Polo tanto o que non se pode é apoiar un partido nas eleccións e no outro día saír á rúa a protestar contra as políticas que aplica. Se a maioría da xente está conforme coa xestión do señor Feijóo, pois xa está, todo perfecto, non hai nada polo que protestar. O que non ten sentido é o contrario.