Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2020 | Actualizada ás 13:59
Un home faleceu este domingo ao sentirse indisposto e caerse da bicicleta na que circulaba en Caldas de Reis (Pontevedra), indicou o 112.
O aviso do ocorrido foi recibido polo centro de emerxencias ás 10,15 horas. A persoa que chamou para alertar do suceso indicou que se produciu na N-550, á altura de Bemil, e que o home empezou a moverse dun lado a outro da calzada e terminou caendo.
Ao lugar desprazouse un equipo do servizo de urxencias 061, que só puido confirmar a morte desta persoa. Tamén se deu aviso aos bombeiros de Vilagarcía, os axentes de Tráfico e da Policía Local e a Protección Civil de Caldas de Reis.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.