Estas son as 20 promesas de Feijóo na lexislatura da COVID

Anuncia máis diálogo social ou acabar a renovación do Sergas, entre outras promesas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2020 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

O candidato do PPdeG á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expuxo este martes no Parlamento o seu programa político para o que será o seu cuarto mandato. A pandemia centrou un discurso de investidura no que adquiriu compromisos, tendeu a man á oposición e ratificou esixencias ao Executivo que dirixe o socialista Pedro Sánchez.

A continuación, unha vintena de compromisos, retos e demandas que Feijóo expuxo no seu discurso:

DIÁLOGO E REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL

1.- Proposta de constituír no Parlamento unha comisión de estudo para que todas as forzas poidan definir conxuntamente un Pacto de Reactivación para Galicia.

2.- Convocar a Mesa do Diálogo Social.

3.- Reformular o Xacobeo 2021 para que sexa unha "ferramenta económica" na que a Comunidade poida "apoiarse".

LOITA CONTRA A COVID E SERVIZOS PÚBLICOS

4.- Finalizar a "renovación integral" do Servizo Galego de Saúde como "absoluta prioridade" do mandato.

5.- Reforzar a estrutura do departamento de Saúde Pública para "axustalo" á xestión da pandemia.

6.- Novo sistema de test masivos a partir de mostras de saliva.

7.- Incluír novas patoloxías no decreto que garante tempos máximos de espera.

8.- Desenvolver o "maior" Plan de Saúde Mental da "historia" da autonomía.

9.- Protocolo de relación entre as residencias de maiores e a rede sanitaria pública; e nova normativa que regule as condicións de apertura e actividade dos xeriátricos.

10.- Encontros telemáticos coas familias para explicar as medidas do inicio de curso.

11.- Equiparar a efectos do IRPF os fogares monoparentais ou con dous fillos ás familias numerosas.

DEMANDAS AO GOBERNO

12.- Normativa sanitaria adaptada para xestionar a pandemia. Rexeita "estaditos de alarma" e enviará esta semana ao Executivo central e a todos os grupos das Cortes unha proposta de Lei Orgánica de Saúde.

13.- Eliminar a taxa de reposición nas ofertas públicas de emprego do persoal sanitario.

14.- Celebrar un Consello de Política Fiscal e Financeira.

15.- Mellorar o funcionamento da Conferencia de Presidentes.

16.- Calendario "xa" para a chegada do AVE.

17.- Compromiso co futuro de Alcoa en Cervo. Lembra que ten "a palabra" de Pedro Sánchez.

LEIS

18.- Remitirá no período inicial da lexislatura unha reforma da Lei de saúde de Galicia.

19.- Lei de Impulso Demográfico.

20.- Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia.

O candidato do PPdeG á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na sesión de investidura do XI Lexislatura
O candidato do PPdeG á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na sesión de investidura do XI Lexislatura | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta