Denuncian que "a xustiza española está violando os dereitos fundamentais" dos acusados de Causa Galiza

O letrado de 9 dos investigados na Operación Jaro denuncia o "incumprimento de garantías básicas" por parte do Tribunal Constitucional. "O proceso debía estar arquivado pero os tribunais teñen unha axenda política".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Novo episodio no proceso legal contra os 12 integrantes de Causa Galiza detidos no marco da Operación Jaro. Os representates legais de 9 dos investigados veñen de denunciar unha "infracción dos dereitos fundamentais" dos militantes, que serán enxuizados por presuntos delitos de enaltecemento do terrorismo e pertenza a banda armada.

Fachada do edificio do Tribunal Constitucional de España, en Madrid a 29 de novembro de 2019.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
Fachada do edificio do Tribunal Constitucional de España, en Madrid a 29 de novembro de 2019.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo

A polémica Operación Jaro arrincou en 2015 coa detención dun total de 9 integrantes do partido Causa Galiza, ao que logo se lles sumarían outros 3. Segundo destacou entón o Ministerio de Interior, comandado polo 'popular' Jorge Fernández Díaz, a detención supoñía un golpe ó terrorismo en tanto que a formación política, aseguraron, tería xurdido como sucesora dos apoios a Resistencia Galega, que o ano anterior fora declarada como grupo terrorista.

O conflito apuntado por Manuel Chao, letrado que representa estes 9 investigados a nivel penal e título individual, comeza do propio xerme da investigación. Segundo destaca o abogado, a causa contra os militantes da formación independentista xestouse sobre un procedemento que estaría a supoñer a "infracción de dereitos e garantías fundamentais", á parte de non haber "base" para supoñer a relación con Resistencia Galega apuntada pola Fiscalía

O abogado fai fincapé en que a investigación sobre os acusados foi desenvolta de xeito "prospectivo". "A causa xeral iniciouse sen ter constancia dun delito, senón para buscalo", explica o letrado en relación a un trámite que podería ata implicar "unha quebra dos seus dereitos de participación política", explica en relación ós acusados. "O resultado é que son acusados de dous delitos sen haber practicamente instrución ningunha ao longo de 4 anos", puntualiza.

A RESPOSTA DO CONSTITUCI

A problemática denunciada pola formación chega cando o letrado decide elevar ó Tribunal Constitucional o presunto incumplimento, que se tería producido no marco do xulgado número 6 da Audiencia Nacional. Neste momento, e sempre segundo a versión da formación, o Constitucional devolve a pelota á Audiencia Nacional, apuntando que "debe ser esta a que responda dos seus propios incumprimentos", destaca o letrado.

Membros de Causa Galiza en Santiago de Compostela.. CEDIDA - Arquivo
Membros de Causa Galiza en Santiago de Compostela.. CEDIDA - Arquivo

O argumento empregando polo Constitucional para "evitar entrar na materia" é que o procedemento xudicial no seo da Audiencia Nacional non está esgotado; unha aclaración que para Causa Galiza supoñerá, de facto, a desprotección dos acusados. "Deste xeito é o propio tribunal xulgador o que decida sobre a súa falta de garantías", destaca Chao antes de apuntar que, debido a esta circunstancia, non será posible elevar o trámite ó Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

DILACIÓN E AXENDAS POLÍTICAS

As denuncias públicas por "violación de dereitos fundamentais" desenvoltas polas plataformas veñen a sumarse a unha serie de "incumprimentos" que Chao apunta como presentes ó longo do proceso. "Xa protestamos por unha dilación indebida do procedemento, que está a ser constantemente ampliado. Algúns dos cargos xa deberían ter prescrito", explica. Neste aspecto, o letrado incide en que, a piques de cumprirse cinco anos das polémicas detencións, aínda non haxa data para o xuízo. "Este procedemento debería ser arquivado, pero os xulgados tamén se moven por axendas políticas", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta