“O galego non mata”, á mensaxe desde as redes sociais para Núñez Feijóo

A Mesa pola Normalización Lingüística enviou dous hashtags en mención do chío enviado polo presidente da Xunta que criticaba ao Goberno por apoiar o uso das linguas cooficiais como vehiculares mentres non sacaba unha lei contra a pandemia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/11/2020 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

Os hashtags #OGalegoNonMata e #RemoveTheLimitations foron subidos ao muro de Twitter desde a conta da Mesa Pola Normalización Lingüística en resposta aos comentarios de dirixentes do PP sobre a reforma dentro do ámbito educativo a respecto das linguas vehiculares en educación. Todo isto despois de que PSOE, Podemos e ERC votasen a favor de que o castelán sexa a única “lingua oficial e vehicular” dentro do ensino.

Imaxe en Twittter contra as declaracións de Feijóo sobre o galego e a COVID
Imaxe en Twittter contra as declaracións de Feijóo sobre o galego e a COVID | Fonte: A Mesa

A reacción da Mesa tivo como orixe as declaracións primeiro do secretario xeral do PPdeG, quen o pasado venres 6 de novembro declarou que a nova reforma educativa pretende “facilitar que en determinadas comunidades onde gobernan os nacionalistas se impoñan modelos educativos que apostan pola inmersión lingüística, que non é máis que a imposición lingüística".

O domingo día 8 de novembro o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, declaraba na rede social Twitter “En plena pandemia, cuando se supone que debería estar gestionando la segunda ola, el Gobierno ha pasado la responsabilidad a las CCAA y se ha dedicado a intentar eliminar por ley el castellano como lengua vehicular, a intentar reformar la ley para elegir directamente a los jueces”. Para rematar, Feijóo recriminaba ao Goberno querer manipular a xuíces e medios de comunicación “Mientras, niega una y otra vez una ley para poder gestionar la pandemia”.

Estas declaracións de Feijóo crearon malestar tanto dentro da Mesa como colectivos a favor do galego, pois consideran de “mal gobernante” comparar a COVID coa actual situación socialq ue vive o galego.

“Decidimos reaccionar desde Twitter enviando os hashtags  #OGalegoNonMata e #RemoveTheLimitations como resposta” di Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización. “O primeiro para lembrarlle que a pandemia si mata xente e o que hai é un decreto lingüístico que prohibe o uso do galego en determinadas materias académicas”.  O segundo hashtag fai referencia “ao informe do Consello de Europa sobre a situación do galego e que instaba á Xunta a retirar os atrancos ao uso e fomento da lingua galega”.

A difusión das mensaxes chegou a ser terceira tendencia dentro do Estado, segundo os datos recollidos pola mesa e a primeira en Galicia desde as 20:00 do pasado luns. Isto acontece nun momento en que se denuncia a perda de falantes e de presenza social do idioma galego dentro da sociedade. “Queremos levar adiante unha proposta de bases lingüísticas que permitan ao galego ser lingua vehicular” en materias do currículo académico.

Ademais, a Mesa anuncia para este mércores día 11 de novembro unha concentración diante do Parlamento de Galicia ás 11 da mañá, á mesma hora en que intervirá o presidente da Xunta. Por último lembran que o decreto lingüístico en vigor “non pode continuar despois do dito polo Consello de Europa e a reforma legal do Goberno central”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta