Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2020 | Actualizada ás 14:03
O cribado con test de dobre banda a un total de 27.786 estudantes das tres universidades galegas permitiu detectar un total de 222 positivos de covid-19, o que posibilitou o "illamento preventivo destes casos" e a "identificación e seguemento dos contactos" nun colectivo que "adoita ser asintomático", como informou a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán,
Carmen Durán explicou, durante súa intervención na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia, que a participación neste cribado foi do 58% de todo o alumnado. "Do total de probas realizadas, o 2,28% foron positivas e, destas, aproximadamente o 1% tiveron un resultado compatible coa infección activa e un 1,4% de infección xa resolta", manifestou a directora xeral, que asegurou que estes datos son "moi similares" aos obtidos noutro tipo de cribados á poboación tanto da Xunta como do Ministerio de Sanidade.
A deputada do BNG, Iria Carreira, criticou que a Xunta puxese o "foco crítico" nos mozos como "principais responsables da propagación da covid" e puxo en cuestión que os test nas universidades fosen realizados por estudantes de enfermaría en lugar de por profesionais sanitarios. "Como se vai a compensar o período de formación perdido?", preguntou.
Respecto diso, a directora xeral de Saúde Público asegurou que os tests de dobre banda empregados requiren unha "técnica moi sinxela", que "pode levar a cabo o alumnado dos últimos cursos de enfermaría "supervisados polos seus profesores ou por graduados en enfermaría". Ademais, defendeu que "os estudantes participaron sempre de forma voluntaria".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.