Temas: EUCALIPTO ENCE

Ence defende que "non hai base científica para considerar o eucalipto como especie invasora"

A compañía valora a setenza do TSJ de Madrid que avala a exclusión do ecualipto como invasora.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/12/2020 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

A compañía pasteira Ence valorou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid que desestimou o recurso do Concello de Teo (A Coruña) contra a decisión do Ministerio de Agricultura de deixar fose ao eucalipto do católogo de especies exóticas invasoras.

Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/
Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/

Para a empresa, semanas despois de coñecerse a decisión xudicial, o fallo da Sala do Contencioso Administrativo "deixa clara a falta de base científica para considerar o eucalipto como especie invasora, así como a importancia das súas plantacións".

"O fallo do tribunal é claro en afirmar a corrección, a solidez e a coherencia da decisión tomada polo órgano ministerial, ao determinar que non hai motivos para incluílo no catálogo de especies invasoras, nin, consecuentemente, de prohibir a súa produción e comercialización", sinala a compañía pasteira.

Así as cousas, Ence cre que a sentenza "permite dar un paso máis cara ao necesario consenso" sobre esta especie "desacreditando cientificamente a aplicación de medidas contra o seu cultivo, e contribuíndo a que a sociedade poida ter unha imaxe máis obxectiva desta especie".

Temas: EUCALIPTO ENCE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Dolores

Mirade a foto do artigo. Embaixo dos eucaliptos vense perfectamente sotobosque, e incluso carballos e castiñeiros. Moi raro para ser unha especie invasora. Nonsi?

1 stop eucalipteiros

Pois ahi esta a clave. Dentro dunha plantacion de eucaliptos NUNCA e digo NUNCA veras os carballos e castiñeiros mais altos, e mais eso que ves son plantacions con 15 anos polo menos pero agora non lle fai falta tanto, con 7 xa lles chega, asi que ver PEQUENOS CARBALLOS E CASTIÑEIROS SERA ALGO MOI RARO. Por moito que o defenda ENCE E OS SEUS AMIGOS. O eucalipto fai moito dano. Asi e vo que o que ama a sua terra e os seus fillos que os elimine das suas terras. Eu xa o fixen

1 César

A verdadeira especie invasora e ENCE. O eucalipto é unha especie moi perigosa para o noso pais polo constante aumento no noso territorio, promovido pola XUNTA ás ordes de ENCE.

1 anonimo

Home non. A Xunta non " promove" o eucalipto. Son os pequenos propietarios ( polo menos algúns) quenes os plantan, porque ENCE compra. Eis o verdadeiro motivo. pero, claro, eso non se pode dicir porque non é rentable politicamente, e moito mais fácil dicir que a Xunta ten a culpa, coma se fose a Xunta a dona dos terreos, ou a que planta eucaliptos.